Fractura de Monteggia

A fractura de Monteggia é un conxunto de lesións traumáticas caracterizadas pola luxación da articulación radiocubital superior a nivel da cabeza do radio e máis a fractura de cúbito a niveis variábeis. O tratamento xeralmente é ortopédico nos nenos e mediante osteosínteses en adultos[1].

Raiografía dunha fractura de Monteggia.

Recibe o nome en homenaxe a Giovanni Battista Monteggia[1][2].

Causas editar

As posíbeis causas que poden levar á fractura-luxación de Monteggia son:

  • Caída co antebrazo en pronación forzada.
  • Golpe directo en situacións de defensa, onde a persoa cóbrese co antebrazo para no ser mancada directamente. Coñécese popularmente como a lesión por bastonazo.

Clasificación editar

Segundo a clasificación de Bado, hai catro graos dependendo do desprazamento da cabeza radial[3].

  • Grao I ou en extensión (60%)
  • Grao II ou en flexión (15%)
  • Grao III ou tipo lateral (20%)
  • Grao IV ou mixta (5%)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 G. B. Monteggia. Istituzioni Chirurgiche. Vol 5. Milano, Pirotta & Maspero, 1814.
  2. Monteggia's fracture en Who Named It?
  3. eMedicine: Monteggia Fracture

Véxase tamén editar

Outros artigos editar