Fracción do Exército Vermello

A Fracción do Exército Vermello (en alemán, Rote Armee Fraktion, ou RAF), tamén coñecida como a banda Baader-Meinhof (polo apelido dos seus dous compoñentes máis significados), foi unha das organizacións terroristas de extrema esquerda máis activas da República Federal Alemá na posguerra.

Fracción do Exército Vermello
RAF-Logo.svg
Tipoorganização terrorista e Ator não estatal violento
Propósitorevolução proletária
IdeoloxíaEsquerda política
Área de operaciónAlemaña do Oeste
Data de fundación1970
Data de disolución20 de abril de 1998
Fundador(es)Ulrike Meinhof, Gudrun Ensslin, Andreas Baader e Horst Mahler
Nomeado en referencia aExército Vermello
Presidente/a
PaísAlemaña
editar datos en Wikidata ]

A RAF pretendía ser un grupo de resistencia ao estilo das guerrillas urbanas de Suramérica, especialmente dos Tupamaros uruguaios; entendían a guerra de guerrillas como unha loita contra o sistema, o capitalismo e o imperialismo dos Estados Unidos de América nunha contenda internacional de liberación. Operou entre a década dos 70 e 1998, causando grande axitación en Alemaña (especialmente no outono de 1977, que levou a unha crise nacional) e á morte de 34 persoas e 20 membros do grupo debido a diversos atentados.

A Fracción do Exército Vermello na culturaEditar

O 13 de marzo de 2009 estreouse o filme Der Baader Meinhof Komplex (R.A.F. Fracción del Ejército Rojo en España e Brigadas rojas Baader Meinhof en América Latina) do director alemán Uli Edel, baseada no libro de título homónimo do escritor Stefan Aust.