A señorita Else

(Redirección desde «Fräulein Else»)

A señorita Else[1] (en alemán: Fräulein Else) é unha novela do escritor vienés Arthur Schnitzler, publicada en 1924.

A señorita Else
Título orixinalFräulein Else
Autor/aArthur Schnitzler
OrixeAustria
LinguaItaliano
Xénero(s)Novela
EditorialGalicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Austria 1924
Galicia 2016
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas94
ISBNISBN 978-84-945403-2-5
TraduciónRosa Marta Gómez Pato
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato[2] e publicada pola editorial Hugin e Munin en 2016.[1]

Características editar

Foi publicada en 1924. Tivo grande éxito comercial e foi adaptado en máis dunha ocasión ao cinema, por exemplo na película alemá de cine mudo Fräulein Else (1929), así como a arxentina El ángel desnudo (1946) e, xa no século XX, Fräulein Else (2014).

Para a escrita desta novela curta, o autor emprega a técnica do monólogo interior; Else, a moza protagonista, é a que leva o peso da historia, ben sexa a través de diálogos ou de matinacións. Este feito tamén esta presente noutra importante obra de Schnitzler, Lieutenant Gustl.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 A señorita Else. Traducido por Rosa Marta Gómez Pato (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2016. ISBN 978-84-945403-2-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 40. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar