Abrir o menú principal

Calidade dunha imaxe xerada por ordenador que trata de imitar as imaxes xeradas por cámaras fotográficas mediante complexos cálculos e algoritmos matemáticos que simulan os efectos/defectos que a luz (flares, destelos) as sombras (coloreado de sombras, difusión), as texturas (aspereza, brillo, reflexos, refracción) e a radiosidade (coloreado da luz ambiente) producen nas imaxes resultantes.

Os principais algoritmos que se utilizan hoxe en día son dous, baseados en distintos métodos:

- Raytracing Baséase na mostraxe de puntos, utilizando métodos estatísticos como os métodos de Monte Carlo e Cuasi Monte Carlo.

- Radiosidade Utiliza métodos numéricos para aproximar en sucesivas interaccións o cálculo da radiancia nas superficies da escena.