Fotije Sladojević

Fotije Sladojević, nado como Rade Sladojević en Dujakovci o 1 de febreiro de 1961, é un eclesiástico ortodoxo serbio, bispo de Dalmacia dende 1999.

Fotije Sladojević
Bispo da Igrexa ortodoxa serbia
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1961 en Dujakovci, Iugoslavia
Ordes
Ordenación sacerdotal1991, por Irinej Bulović
Bispo de Zvornik-Tuzla
2017 - actualidade
PredecesorHrizostom Jević

Traxectoria editar

Naceu o 1 de febreiro de 1961 en Dujakovci, no concello de Banja Luka, na República Socialista de Bosnia e Hercegovina.[1] Fixo os seus estudos básicos en Čurug, e a secundaria en Novi Sad.[1] Posteriormente, en 1983, ingresou na Facultade de Teoloxía Ortodoxa da Universidade de Belgrado, graduándose en 1988.[1] Posteriormente estudou un posgrao na Universidade de Erlangen-Nürnberg (Alemaña).

Logo da súa volta, en 1990 ingresou no mosteiro de Kovilj, situado na eparquía de Bačka.[1] No mesmo ano foi ordenado arquidiácono e, en 1991, foi ordenado hieromonxe polo bispo Irinej Bulović.[1] Entre 1992 e 1993 estivo no mosteiro de Bođani, e entre 1993 e 1998 foi profesor no Seminario de Santo Arsenio de Sremski Karlovci.[1]

O 30 de maio de 1999 foi consagrado bispo de Dalmacia na catedral de Sremski Karlovci, e foi nomeado tamén administrador temporal da eparquía de Gornji Karlovac.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Епископ" [Bispo]. Епархија зворничко-тузланска (eparhijazt.com) [Eparquía de Zvornik-Tuzla] (en serbio). Consultado o 7/12/2020. 


Dignidades da Igrexa ortodoxa
Predecesor:
Longin Krčo
 Bispo de Dalmacia 
1999 - 2017
Sucesor:
Nikodim Kosović
Predecesor:
Hrizostom Jević
 Bispo de Zvornik-Tuzla 
dende 2017
Sucesor:
(no cargo)