Forte Al Jalali (árabe: قلعة الجلالي) ou Forte Ash Sharqiya é unha das dúas fortalezas históricas que pechaban as defensas do porto do casco Vello da cidade de Mascate, Al Jalali protexía antigamente as defensas do leste xunto co Forte Al Mirani ao oeste. [1]

Modelo:Xeografía físicaForte Al Jalali
Imaxe
Tipocastelo
patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
Parte deFortaleza de Mascate Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMascate, Omán Editar o valor en Wikidata
Mapa
 23°37′00″N 58°35′53″L / 23.616531, 58.597961
Características
Patrimonio de influencia portuguesa
Identificador220
Historia
Data de creación ou fundación1586 Editar o valor en Wikidata

O Sultanato de Omán creou aproximadamente uns 1.000 fortes, incluíndo torres de vixía espalladas ao longo do país. Dentro desta categoría turística do país o Forte Al Jalali é o máis citado.[2]

Construído polos portugueses no período do Omán Portugués forma parte do complexo de edificacións erguido durante a expansión colonial dese país coñecido como o Estado da India. A presenza lusa nesta cidade comezou en 1507 coa fundación dun posto comercial. As estruturas defensivas que sobreviven a este período colonial inclúen dúas fortalezas: São João e Almirante (nomes portugueses dos Fortes Al-Jalali e Al-Mirani, respectivamente), ademais de dúas estruturas avanzadas: unha torre, actualmente chamada Al Sirah al-Sharqiyah, ou Al Sirah al-Gharbiyah, e o antigo bastión de San Antonio. Rodeando a cidade, os portugueses construíron unha muralla marcada por baluartes, cuxa obra aínda se pode ler. Tamén cabe destacar a torre cuadrangular que protexía a Zona da Horta do Cabazo e varias torres circulares que se distribúen nos cumes das serras circundantes.

Construción do forte Al Jalali

editar

Cando Afonso de Albuquerque comezou a súa ofensiva sobre Mascate en xullo de 1507, atacou unha cidade onde non había fortificacións complexas, só eran citados un muro de madeira e terra de cascallos, rodeando a praia. Nas fontes árabes tamén se menciona a existencia dunha torre fortificada, no lado leste da baía [3]. Despois da píllaxe que levaron a cabo Albuquerque e o seu exército elaborouse un acordo de paz co Sheikh e foi posíbel establecer un pequeno núcleo portugués e un posto comercial. Nos anos seguintes os portugueses foron atacados nunha seria consecutiva de ataques. Os de maior impacto foron as incursións das forzas otomás en 1546, 1551 e 1581 Os eventos conduciron aos portugueses a mellorar significativamente as súas defensas, construíndo o Forte de São João. Mandouse construír por orde do Vicerrei D. Duarte de Meneses (v.r.1584-1588), pero as obras só foron completadas polo seu sucesor, D. Manuel de Sousa Coutinho, que asumiu o cargo de gobernador en maio de 1588.

Estrutura do forte Al Jalali

editar

A edificación nace dunha masa arquitectónica robusta, pero igualmente orgánica, impoñéndose sobre o relevo. Ten varias formas curvilíneas, incluíndo paneis de parede que se xúntan para formar unha explanada central, onde alberga a guarnición e outras dependencias. As estruturas están parcialmente escavadas na rocha e quedan organizadas a distintos niveis. Un dos seus elementos máis impresionantes é a cara que dá á baía onde se sitúan 8 pares de grandes ventás, que anuncian unha poderosa capacidade de tiro. De feito, a colocación de canóns e bombardeiros, así como de estruturas preparadas para recibir estas armas é, neste forte, constante.

Usos do forte

editar
 
Forte Al Jalali en agosto de 2024

Foi utilizada como base militar polos portugueses, e máis tarde polos omaníes. No século XX, o forte converteuse nunha prisión e permaneceu así ata 1970. Hoxe, o forte ten propiedade privada e acceso de xeito limitado ao público (o goberno omaní limita o acceso só a visitas guiadas baixo aprobación ou diplomáticas) e alberga un museo que mostra a cultura e a historia de Omán. O museo exhibe unha variedade de artefactos, incluíndo roupa tradicional, xoias e armas, e ofrece aos visitantes a oportunidade de coñecer o patrimonio cultural de Omán.

Durante o ano 2024 o forte percorre obras de restauración asignadas ao conglomerado Encardio. [4]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar