Forrest Goodluck

actor estadounidense

Forrest Goodluck, nado en Albuquerque o 6 de agosto de 1998[1] é un actor navajo. É coñecido por interpretar o fillo de Hugh Glass no filme de 2015 The Revenant, e a Adam Red Eagle, un adolescente de dous espíritos enviado a un campamento de terapia da conversión, no filme de 2018 The Miseducation of Cameron Post.

Infotaula de personaForrest Goodluck
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1998 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Albuquerque, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBosque School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsKalen Goodluck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5569442 Allocine: 759704 Rottentomatoes: celebrity/forrest_goodluck
Twitter: ForrestGoodluck Spotify: 2UxxqCsRcWVecActPdREMc Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familia editar

Goodluck naceu en Albuquerque, Novo México. O seu pai é navajo e a súa nai ten ascendencia hidatsa, mandan, navajo e tsimshian.[2][3]

Carreira editar

A primeira experiencia de actuación de Goodluck foi durante unha produción de sexto curso titulada A Charlie Brown Christmas na súa escola primaria; máis tarde actuou en producións escénicas e teatrais no ensino medio e secundario.[4]

Aos 13 anos, fixo unha audición para a película Man Called Buffalo do director nativo americano Chris Eyre, que nunca chegou á produción, pero si lle permitiu conectarse con futuros directores de casting.[4] Goodluck fixo unha audición para o papel de Hawk na película de 2015, The Revenant cando tiña 15 anos.[4] The Revenant foi o seu primeiro papel no cine.[5][6]

Goodluck gañou a mellor interpretación nunha longametraxe - Actor novo de repartición (14-21) nos 37th Young Artist Awards polo seu papel de Hawk. En febreiro de 2016, foi seleccionado para aparecer nun piloto do drama de Hulu, Citizen, como Guero, un "astuto rapaz da rúa que exerce de líder carismático e bipolar dun grupo chamado 'Baby Narcos'".[7] En novembro de 2016, anunciouse que Goodluck protagonizaría The Miseducation of Cameron Post xunto a Chloë Grace Moretz e Sasha Lane.[8]

Filmografía editar

Cinema editar

Ano Título Papel Notas
2015 The Revenant Hawk
2016 Ink Destin Curtametraxe
2017 Indian Horse Saul con 15 anos
2018 The Miseducation of Cameron Post Adam Red Eagle
Mud Joseph Curtametraxe
2019 Blood Quantum Joseph
TBA I Used to Go Here Animal Posprodución
TBA Cherry Posprodución

Televisión editar

Ano Título Papel Notas
2018 Designated Survivor Wesleyan Applicant Episodio: "Original Sin"
2020 The Liberator Private Cloudfeather Episodio: “Why We Fight”
2021 The Republic of Sarah Tyler Papel principal

Videoxogos editar

Ano Título Personaxe Notas
2020 Tell Me Why Michael Abila / Officer Holt

Galardóns editar

Ano Premmio Categoría Película Resultado Notas
2016 Premio ao artista novo Mellor interpretación nunha longametraxe (actor secundario, de 14 a 21 anos) The Revenant Gañador

Notas editar

  1. Benjamin (16 de xuño de 2016). "Forrest Goodluck Biography". articlebio.com (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  2. Yahoo News, ed. (12 de xaneiro de 2016). "20 Questions with Revenant Break-Out Star". 
  3. Amy Nicholson (23 de agosto de 2018). The Guardian, ed. "Forrest Goodluck: the Native American actor ripping up the rulebook". Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Nordstrom, Leigh (22 de decembro de 2015). "From High School to Leonardo DiCaprio: Forrest Goodluck Breaks Out". wwd.com (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  5. Brown, Emma (30 de decembro de 2015). "Discovery: Forrest Goodluck". interviewmagazine.com (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  6. Galuppo, Mia (9 de xullo de 2021). "‘Pet Sematary’ Prequel Adds ‘Mare of Easttown’, ‘Revenant’ Actors (Exclusive)". hollywoodreporter.com (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2022. 
  7. Todd, William. "Forrest Goodluck Joins Cast Of Hulu’s Citizen". netflixlife.com (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2022. [Ligazón morta]
  8. Siegel, Tatiana (18 de novembro de 2016). "Chloe Grace Moretz, Sasha Lane to Star in Gay Conversion Drama ‘The Miseducation of Cameron Post’". hollywoodreporter.com (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar