Forraje
Forraje é unha banda de rock galego procedente da Pobra do Caramiñal. Ten un estilo semellante ao de Extremoduro ou Marea.
Forraje | |
---|---|
Orixe | A Pobra do Caramiñal, Galicia |
Período | 1998 - |
Xénero(s) | Rock |
Membros | Gerardo Pouso - Jerry Juancho Pérez - Juancho Antonio Suárez - Lulu Perfecto Mariño - Kuervo |
Na rede | |
http://www.forraje.com | |
Historia
editarFormouse no decembro de 1998 co nome de Arrebato, e tocaban en locais e festas da súa vila e contorna, até que catro anos máis tarde, por motivos legais, mudaron o nome polo de Forraje, nome co que se coñece actualmente, pasando brevemente polo nome de Redada.
Foi no ano 2003 cando gravaron o seu primeiro álbum, Estoy Que Muerdo, co contou coa axuda do cantante e o guitarrista de Marea. Tamén tiveron outras colaboracións destacables como a do vocalista de Barricada, El Drogas, entre outras. Tres anos máis tarde, no 2006, sae o que sería o seu segundo traballo, Diario de un Alma Rota. O seu terceiro disco chámase Retales de vino y luna, posto á venda o 17 de febreiro de 2009.
Membros
editar- Antonio Suárez "Lulu": Guitarra e voz
- Juancho Pérez "Juancho": Baixo e voz
- Perfecto Mariño "Kuervo": Guitarra e coros
- Gerardo Pouso "Jerry": Batería
Discografía
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)