Foro (partido político)

Partido político

Foro foi un partido político español da década dos 1990 fundado e liderado por Eduard Punset.

Foro
Partido político de España
Dirixentes e organización
LíderEduard Punset
Historia
Fundación1990
Disoluciónmarzo de 1995
Posicións políticas
Ideoloxíacentro, liberalismo

Foro foi inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio do Interior en xuño de 1991 por Eduard Punset, tras abandonar este o Centro Democrático e Social (CDS). Foi presentado en febreiro de 1992, como unha plataforma de debate político, para pasar a actuar como partido político pouco tempo despois.[1]

Definíase como de centro liberal, e propugnaba un discurso rexeneracionista con listas abertas, limitación dos mandatos presidenciais e reforma da lei electoral española. Presentouse ás eleccións europeas de 1994 en coalición co Centro Democrático e Social, con Punset como cabeza de lista. A coalición obtivo 183.418 votos (0,99%) sen conseguir ningunha acta de eurodeputado.

Foro disolveuse en marzo de 1995, e Punset abandonou a política.

NotasEditar

  1. Aizpeolea, Luis R. (13-2-1992). "Punset lanza Foro, una plataforma que cuestiona la política convencional". elpais.com (en castelán). Consultado o 22-5-2019.