Formosa, Arxentina

Formosa é a cidade capital da provincia homónima e capital tamén do Departamento Formosa. Encóntrase na marxe dereita do río Paraguai, a aproximadamente 850 km de Rosario, e a 1200 km da cidade de Buenos Aires. É o centro político, administrativo e cultural máis importante da provincia, como así tamén a cidade máis poboada da mesma. É sede da Universidade Nacional de Formosa, sub-sede da Universidade da Cunca do Prata, da Universidade Católica de Salta, de institutos terciarios de formación docente e profesional. Ten museos, teatros, centros culturais e recreativos, estadios deportivos, amplas avenidas arboradas e grandes prazas e parques.

Modelo:Xeografía políticaFormosa, Arxentina
Imaxe

Localización
Mapa
 26°11′05″S 58°10′33″O / -26.1847, -58.1758Coordenadas: 26°11′05″S 58°10′33″O / -26.1847, -58.1758
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de Formosa
Departamento da Argentina (pt) TraducirFormosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación222.226 (2010) Editar o valor em Wikidata (2.963,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie75 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude57 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorLuis Jorge Fontana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1879 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalP3600 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico370 Editar o valor em Wikidata

Sitio webformosa.gov.ar Editar o valor em Wikidata

Cos seus 234.354 habitantes (ano 2010), a cidade é unha das 20 cidades máis populosas da Arxentina. Segundo datos do INDEC, no 2010 a cidade tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2%.[1]

A cidade atópase nunha extensa chaira, a unha altura media de 57 msnm, nun canón sobre o río Paraguai. Nas proximidades atópanse lagoas, brañeiras e regatos. A lagoa máis importante é a lagoa Oca, antigo curso do río Paraguai declarada en 2001 Reserva da biosfera.

A cidade divídese en dous sectores ben diferenciados polo regacho Formosa. A marxe esquerda empezou a poboarse na década de 1980 e encóntrase en pleno desenvolvemento, tendo unha poboación estimada de case 95.000 habitantes; sendo a marge dereita onde se concentra a maior parte da poboación.

Toponimia editar

Crese que o nome Formosa provén do latín «formosus» (fermoso) e que lle sería dado polos conquistadores españois ao navegar polo río Paraguai.

Notas editar

  1. "Gobierno afirma que hay baja tasa de desempleo.". El Comercial. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar