Fontismo
Fontismo é o nome que recibe o período posterior á Regeneração, entre 1868 e 1889, e a consecuente redución, aínda que temporal, da crónica inestabilidade política na que se sumira a monarquía constitucional portuguesa.[1]
Características
editarO período estivo marcado polas actuacións de fomento da obra pública e un intento de modernización das infraestruturas do país. O nome de fontismo deriva do nome de Fontes Pereira de Melo, a principal figura política da época, que estivo á fronte de dous gobernos: o primeiro que comezou o 13 de setembro de 1871; e o segundo dende o 29 de xaneiro de 1878 ata o 22 de xaneiro de 1887, data da súa morte.
O ambicioso programa de obras públicas iniciado naquel momento, coa construción de pontes, estradas e o inicio da construción da rede ferroviaria portuguesa, financiouse fundamentalmente mediante préstamos externos, en particular dos bancos ingleses, que acabarían provocando o colapso financeiro, e despois a política de goberno, co conseguinte retorno á inestabilidade.
Foi un período de crecemento que evitou que Portugal quedara aínda máis atrás doutros países europeos, despois das guerras liberais e da Patuleia e o período de grande inestabilidade política e militar que lle seguiu. O fontismo foi tamén un conxunto de medidas adoptadas por Fontes Pereira de Melo para mellorar os transportes e as comunicacións, co obxectivo de desenvolver a agricultura, o comercio e a industria.
Notas
- ↑ Sardica, José Miguel (2021-05). O Fontismo. Lisboa: Universidade Católica Editora.