Fofi Gennimata

política grega

Fofi Gennimata, nada en Atenas o 17 de novembro de 1964[1] e finada na mesma cidade o 25 de outubro de 2021,[2] foi unha política grega, presidenta do PASOK.

Fofi Gennimata
Nacemento17 de novembro de 1964
Lugar de nacementoAmpelokipoi, Athens
Falecemento25 de outubro de 2021
Lugar de falecementoAtenas
Causaíleo paralítico
SoterradaPrimeiro Cemitério de Atenas
NacionalidadeGrecia
EtniaGregos
Alma máterUniversidade de Atenas
Ocupaciónpolítica
PaiGeorgios Gennimatas
NaiKakia Vergou
CónxuxeAndreas Tsounis
Na rede
https://gennimatafofi.gr/
Facebook: fofigennimata Twitter: FofiGennimata Instagram: fofigennimata WikiTree: Γεννηματά-1 Find a Grave: 237200690 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fofi Gennimata en 2009

Traxectoria editar

Era filla de Georgios Gennimatas, un dos fundadores do PASOK. Estudou Ciencias Políticas na Universidade de Atenas e traballou no Banco Nacional de Grecia desde 1986, ata que con 50 anos[3] se retirou[4].

Pertenceu ás mocidades do PASOK e foi membro de varios comités sectoriais do partido. Mais tamén activa desde 1986 na Unión de Mulleres de Grecia (Ένωση Γυναικών Ελλάδας). No ano 2000 entrou por vez primeira no Parlamento e ao ano seguinte no Comité Central do PASOK. En 2002 deixou o parlamento para concorrer ás eleccións como cabeza de lista do seu partido á superprefectura de Atenas-O Pireo, permanecendo como xefe da superprefectura ata 2007, ano no que deixou o seu posto para presentarse ás eleccións lexislativas pero a xustiza botou atrás a súa canditura ao ir contra o artigo 56 da Constitución, que lles impide os representantes locais participar nas eleccións lexislativas durante o seu mandato, mesmo se cesan antes.

Despois das eleccións de 2009 o primeiro ministro Giorgios Papandreu nomeouna viceministra de sanidade e en 2010 asumiu o cargo de viceministra de educación, ata 2011. En marzo de 2012 converteuse na voceira do seu partido.[5] Elixida deputada nas eleccións de xaneiro de 2015, desde o 14 de xuño de 2015 ata o seu falecemento foi a presidenta do PASOK.

Notas editar

  1. "Βιογραφικό". Consultado o 17 de xuño de 2015. 
  2. "KINAL leader Fofi Gennimata dies at 56 after a long battle with cancer". 25 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  3. Φώφη: Συνταξιούχος ετών 50! Arquivado 29 de agosto de 2015 en Wayback Machine.. ΘΕΣΣΑΛΙΑ ΤΗΛΕΟΡΑΣΗ, thessaliatv.gr
  4. ΒΟΥΛΗ ΤΩΝ ΕΛΛΗΝΩΝ Βιογραφικά Στοιχεία, Φωτεινή Γεωργίου Γενηματά. hellenicparliament.gr
  5. "Βιογραφικό". Consultado o 17 de xuño de 2015.