Focke-Wulf A 17
O Focke-Wulf A 17 Möwe ("gaivota") foi un avión de pasaxeiros fabricado en Alemaña a finais dos anos 20. Era un monoplano con á alta cantilever convencional coa peza de cola do tren de aterraxe fixa. O avión tiña unha cabina totalmente pechada para oito pasaxeiros e tiña un posto de mando separado e tamén pechado para os dous pilotos. Moitos exemplares voaron para Deutsche Luft Hansa, operando ata ao redor de 1936. A comezos dos anos 30 dúas unidades foron usadas para probar o motor diésel Junkers Jumo 5.
Focke-Wulf A 17 | |
---|---|
A 17 en Berlín-Tempelhof tras ser danado por unha treboada en 1928 | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Focke-Wulf |
Primeiro voo | 1927 |
Principais usuarios | Deutsche Luft Hansa |
Unidades construídas | 20 |
En 1929 fabricouse un exemplar cun motor BMW VI e foi equipado para a fotografía aérea e para traballos de recoñecemento, sendo designado A 21. A cabina equipouse cun cuarto escuro. Posteriormente nese mesmo ano, o motor BMW usouse noutros cinco exemplares de pasaxeiros para Luft Hansa coa designación A 29.
Variantes
editar- A 17 - Avión para 8 pasaseiros cun motor Gnome et Rhône 9Aa Jupiter de 310 kW. Un prototipo e 11 exemplares de produción.[1]
- A 17a - Conversión do A 17 con motor Siemens Jupiter VI de 360 kW.[2]
- A 17b - Conversión co motor Siemens Sh 20u. Un convertido.[3]
- A 17c - Conversión con motor diésel Junkers Jumo 5C de 390 kW. Un convertido.[3]
- A 21 Photomöwe - Equipado para a fotografía aérea con motor BMW VI. Dous fabricados.
- A 26 - Conversión do A 17 usado como avión experimental por Deutsche Versuchsanstalt für Luftfahrt (DVL).[3]
- A 29 - Versión de produción do A 17 con motor BMW VI. Cinco fabricados.[4]