Abrir o menú principal

Florida do Norte Central (inglés: North Central Florida) é unha rexión de tipo direccional dentro do estado de Florida, nos Estados Unidos, que comprende a parte norte central do Estado e engloba a Área Metropolitana de Gainesville (nos condados de Alachua e Gilchrist) e os condados da super-rexión de Florida do Norte de Bradford, Columbia, Hamilton, Lafayette, Madison, Marion, Putnam, Suwannee e Union. A maior cidade da rexión é Gainesville (sede da Universidade de Florida), mentres que a maior área metropolitana é a Área Metropolitana de Ocala. Outras cidades de importancia na rexión son Lake City, Live Oak e Palatka. No ano 2010 a rexión acadou unha poboación de 873.189 habitantes.

Localización de Florida do Norte Central dentro do Estado
Localización da Área Estatística Metropolitana de Gainesville dentro de Florida
Mapa dos condados de Florida do Norte Central


Florida do Norte Central

Condados

Alachua, Bradford, Columbia, Gilchrist, Hamilton, Lafayette, Madison, Marion, Putnam, Suwannee e Union

Cidades maiores

Gainesville
Ocala
Palatka
Lake City

Do mesmo xeito que a chamada rexión da Franxa de Florida, esta rexión é recoñecida a miúdo como parte do chamado Sur Profundo, igual có resto do Estado[1]. A maioría dos brancos americanos en Florida do Norte Central son tradicionalmente descendentes de devanceiros ingleses sen mesturas.

A paisaxe e o clima de Florida do Norte Central non responde ao clima subtropical, típico de Florida. A súa paisaxe é de suaves outeiros dominados por magnolios e grandes aciñeiros do sur cubertos de brións españois.

A rexión tamén dispón de grandes bosques de piñeiros. O clima é bastante amornado durante todo o ano, pero ten invernos moi diferentes con temperaturas que caen por baixo de cero con bastante frecuencia.

Índice

LocalizaciónEditar

O condado máis ao sur de Florida do Norte Central, o Condado de Marion, limita co norte de Florida Central e algunhas rexións da área xeográfica da Costa Natural. Outros moitos condados da rexión limitan coa Costa Natural, incluíndo a Alachua, Gilchrist e Hamilton. Florida do Norte Central non está afectada polos furacáns tanto como os seus condados veciños do este e o oeste.

Vilas e cidadesEditar

Florida do Norte Central ten unhas poucas cidades e moitas vilas ou asentamentos poboacionais, algúns ao longo das ribeiras de ríos e lagos.

Nome da
poboación
Tipo de
poboación
Condado Habitantes
Alachua Cidade Alachua 9.272
Belleview Vila Marion 4.509
Bell Aldea Gilchrist 549
Brooker Aldea Bradford 334
Fort White Aldea Columbia 556
Gainesville Cidade Alachua 126.047
Greenville Aldea Madison 824
Hampton Aldea Bradford 495
Hawthorne Vila Alachua 1.428
High Springs Vila Alachua 5.494
Interlachen Vila Putnam 1.396
Jasper Vila Hamilton 5.452
LaCrosse Aldea Alachua 360
Lake City Cidade Columbia 12.099
Lawtey Aldea Bradford 730
Lee Aldea Madison 386
Live Oak Cidade Suwannee 6.919
Madison Vila Madison 2.769
Micanopy Aldea Alachua 606
Ocala Cidade Marion 56.945
Palatka Cidade Putnam 10.472
Pomona Park Aldea Putnam 908
Reddick Aldea Marion 508
Starke Vila Bradford 5.405
Trenton Vila Gilchrist 1.988
Waldo Vila Alachua 1.022

Atracións de Florida do Norte CentralEditar

A diferenza da Florida Central e da Costa do Sol, Florida do Norte Central non ten moitos parques de atraccións ou grandes parques temáticos. No seu lugar, contan con moitos parques de natureza. Tamén ten moitas pequenas vilas da época do cambio de século que representan á cultura Sur Profundo.

Unha importante atracción de Florida do Norte Central é ser a principal localización da Universidade de Florida e sede dos estadios dos seus equipos deportivos, os Florida Gators.

NotasEditar