Florencio Soto López

perito agícola e político galego

Florencio Soto López, nado en Redondela en 1900 e finado no mesmo concello en xaneiro de 1975, foi un perito agrícola e político galego.

Florencio Soto López
Nacemento1900
Lugar de nacementoRedondela
Falecementoxaneiro de 1975
Lugar de falecementoRedondela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e enxeñeiro agrónomo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Perito agrónomo. Na Segunda República foi concelleiro, sendo elixido 1º Tenente-Alcalde. Despois da dimisión de Pedro Otero Sestelo foi elixido alcalde. En xullo de 1932 asistiu á asemblea de redacción do Estatuto Galego convocada polo alcalde de Santiago. Deixou o cargo porque o Goberno suprimiu as corporacións elixidas polo artigo 29. Pertenceu á ORGA e despois integrouse en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non sufriu represalias. En 1948 foi detido e estivo preso por rebelión militar. Finou en Redondela en xaneiro de 1975.[1]


Predecesor:
Pedro Otero Sestelo
  
Alcalde de Redondela
 
1932
Sucesor:
Serafín Alonso Veiga

Vida persoal editar

Casou con Nicolasa Otero Paz, filla de Ramón Otero Milleiro.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 23-1-1975, p. 11.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. pp. 270–271. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas editar