Abrir o menú principal
2008-08-22 White German Shepherd swimming in algae.jpg

A floración de algas nocivas é un proceso natural de crecemento masivo dalgunhas especies de fitoplancto que conteñen compostos químicos tóxicos para organismos acuáticos ou humanos[1]. As biotoxinas mariñas que se xeran nestas floración causan algún tipo de malestar ou morte de organismos susceptibles a eses compostos. De xeito común as floracións de algas mariñas denomínanse mareas vermellas, que son un dos casos de floracións de algas que descoloran a auga. Porén, só algúns casos das mareas vermellas teñen microalgas que liberen biotoxinas e, polo tanto, sexan casos de floración de algas nocivas[1][2]. A meirande parte das floracións de algas nocivas prodúcense sen necesidade de chegar a concentracións celulares elevadas das microalgas que produzan biotoxinas e sen producir descoloracións na auga[2].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Anderson, Donald M.; Cembella, Allan D.; Hallegraeff, Gustaaf M. (2012). "Progress in understanding harmful algal blooms: paradigm shifts and new technologies for research, monitoring, and management". Annual Review of Marine Science 4: 143–176. ISSN 1941-1405. PMID 22457972. doi:10.1146/annurev-marine-120308-081121. 
  2. 2,0 2,1 Visciano, Pierina; Schirone, Maria; Berti, Miriam; Milandri, Anna; Tofalo, Rosanna; Suzzi, Giovanna (2016-07-06). "Marine Biotoxins: Occurrence, Toxicity, Regulatory Limits and Reference Methods". Frontiers in Microbiology 7. ISSN 1664-302X. PMC 4933704. PMID 27458445. doi:10.3389/fmicb.2016.01051. Consultado o 2016-08-29. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.