Flora de Pablo

médica, bióloga celular e molecular española

Flora de Pablo Dávila, nada en Salamanca o 25 de febreiro de 1952, é unha doutora en medicina española, especialista en bioloxía celular e molecular.

Flora de Pablo
Nome completoFlora de Pablo
Nacemento25 de febreiro de 1952
Lugar de nacementoSalamanca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónbióloga molecular, bióloga celular e médica
Na rede
Dialnet: 3344890
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1975 licenciouse en Medicina e diplomouse en Psicoloxía pola Universidade de Salamanca, entre 1976 e 1979 foi médica interna residente (MIR) e bolseira predoutoral do Departamento de Patoloxía Xeral, Sección de Endocrinoloxía, do Hospital Clínico, da Universidade de Salamanca onde doutorouse en Medicina Interna e Endocrinoloxía. Traballou durante 10 anos nos Estados Unidos, primeiro como bolseira posdoutoral (1980-1982) e logo como investigadora (1984-1991 e 1995-1996) nos National Institutes of Health(Bethesda) e no Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech, Pasadena). No período 1982-1984 foi Facultativa Adxunta, do Servizo de Endocrinoloxía do Hospital da Santa Cruz e San Pablo de Barcelona, ao que continuo vinculada coa supervisión de proxectos de investigación até 1989.

No ano 1991 regresou a España como Investigadora Científica do Centro de Investigacións Biolóxicas (CIB) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Madrid. Entre 2007 e 2008 foi Directora Xeral do Instituto de Saúde Carlos III. Na actualidade é Profesora de Investigación doCSIC no Departamento de Biomedicina Molecular do CIB.[1]

En 2001 foi unha das fundadoras da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas da que foi a súa primeira presidenta (2001-2007).[2][3][4] A miúdo manifestou a súa preocupación pola falla de recoñecemento do traballo das mulleres nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, así como a súa pouca presenza nos postos relevantes e na toma de decisións, e así o fixo público na prensa e en diversos artigos de divulgación.[5][6][7][8][9]

Investigación editar

En 1991 creou o grupo de investigación Factores de Crecemento no Desenvolvemento de Vertebrados, que en 2007 pasou a chamarse Laboratorio 3D: desenvolvemento, diferenciación, dexeneración.[10] A súa investigación estivo sempre relacionada coa bioloxía celular e molecular, o desenvolvemento embrionario, insulina e factores de crecemento, así como con neuroxénese. No grupo que dirixe estudouse especialmente o papel da Proinsulina/insulina no desenvolvemento do sistema nervioso central, abordando os problemas biolóxicos básicos en sistemas modelo do desenvolvemento, co obxectivo de entender os mecanismos que subxacen á formación de varios tecidos. Utilizando diversos vertebrados (pito, rato) e células pluripotentes, estudan os mecanismos fisiolóxicos de regulación da proliferación, a diferenciación, a competición e a morte celulares, así como a súa desregulación en situacións patolóxicas. En particular, expuxeron a posible translación biomédica das súas observacións en modelos de dexeneración do sistema nervioso, incluíndo dexeneracións retinianas e, máis recentemente, a enfermidade de Alzheimer.

Flora de Pablo, juntamente con membros do grupo que lidera, fundou a empresa de base tecnolóxica Proretina Therapeutics[11] constituída en Madrid en xullo de 2007, spin-off do CIB, en colaboración coas Universidades de Barcelona e Alcalá de Henares, que iniciou o desenvolvemento dunha posible terapia aplicable en clínica aínda que a falta de investidores levou ao peche da empresa en 2018.

Recoñecementos editar

Publicacións editar

É coautora de máis de 140 artigos de investigación publicados en revistas de recoñecido prestixio sendo os máis relevantes:[16]

  • Insulin is present in chicken eggs and early chick embryos.[17][18]
  • Receptor xenes for insulin and insulin- like growth factor I are differentially expressed in Xenopus oocyte and embryos[19]
  • The developing CNS: a scenario for the action of proinsulin, insulin and insulin-like growth factors[20]
  • Upstream AUGs in embryonic proinsulin mRNA control its low translation level[21]
  • Modulation of the PI3Kinase/Akt signalling pathway by IGF-I and PTEN regulates the differentiation of neural stem/precursor cells[22]
  • The prohormone proinsulin as a neuroprotective factor: past history and future prospects[23]

Notas editar

  1. "CV Flora de Pablo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2014. Consultado o 8 de octubre de 2014. 
  2. Flora de Pablo (2001). "Las Científicas y el techo de cristal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 9 de octubre de 2014. 
  3. Nota EFE (2002). "Nace Asociación de Mujeres Investigadoras para promover igualdad" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 08 de marzo de 2020. 
  4. "Presentación AMIT. Universidad Pablo de Olavide". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 08 de marzo de 2020. 
  5. López-Sancho P; Álvarez-Marrón J, De Pablo F, Masegosa Gallego J, Mayoral Gastón MC, Molina Hernández E, Pérez Sedeño E, Puertas Maroto F, Sandalio González LM (2013). "La Comisión de Mujeres y Ciencia del CSIC: diez años promoviendo la igualdad de oportunidades y la excelencia en el organismo" 189 (759). 
  6. De Pablo, F.; Suárez T. (2012). "Inspiradoras excepcionales, además de investigadoras" (PDF) 173. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2014. Consultado o 9 de octubre de 2014. 
  7. "La saga Curie y las otras investigadoras". Consultado o 9 de octubre de 2014. 
  8. De Pablo, F. Las mujeres ante la ciencia del siglo XXI. Las científicas y el techo de cristal. Instituto de investigaciones feministas. Universidad Complutense de Madrid 173. ISBN 84-7491-654-2. 
  9. Pérez-Sedeño, E; Álvarez-Marrón, J., De Pablo, F. y Lòpez-Sancho, P. (2012). "Las mujeres en la ciencia y la tecnología: perspectiva internacional y situación en España" 11. 
  10. "Laboratorio 3D: desarrollo, diferenciación, degeneración". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 8 de octubre de 2014. 
  11. "Nota de Prensa.Proretina Therapeutics". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2014. Consultado o 8 de octubre de 2014. 
  12. Flora de Pablo (5 de enero de 2000). "Mujer y ciencia desde la Europa del sur". Consultado o 8 de octubre de 2014. 
  13. "SET-Routes University Ambassador" (PDF). 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 9 de octubre de 2014. 
  14. "100 mujeres líderes en España". EL MUNDO. 25 de octubre de 2012. Consultado o 9 de octubre de 2014. 
  15. Diario Vasco (27 de enero de 2013). "Dos asociaciones y tres mujeres reciben los premios Ana Tutor 2013 Agencia EFE". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 9 de octubre de 2014. 
  16. "Flora de Pablo - Citas de Google Académico". Consultado o 28 de agosto de 2019. 
  17. De Pablo F.; Roth, J., Hernández, E., Pruss, R.M. (1982). 111.  Falta o |title= (Axuda)
  18. Ed. T.B. Schwartz and W.G. Ryan, F. the Year Book of Endocrinology, 1984. Year Book Medical Pub., Chicago. 
  19. Scavo, L.; Shuldiner, A.R., Serrano, J., Dashner, R., Roth, J., De Pablo, F. (1991). 88.  Falta o |title= (Axuda)
  20. De Pablo, F.; De la Rosa, E.J. (1995). 18.  Falta o |title= (Axuda)
  21. Hernández-Sánchez C.; Mansilla A., de la Rosa E.J., Pollerberg E., Martínez-Salas E. and De Pablo, F. (2003). 22.  Falta o |title= (Axuda)
  22. Gaizka Otaegi; María J. Yusta-Boyo, E. Vegaño-Vera, Héctor R. Méndez-Gómez, Ana C. Carrera, José L. Abad, Manuel González, Enrique J. de la Rosa, Carlos Vicario-Abejón and Flora de Pablo. (2006). 119.  Falta o |title= (Axuda)
  23. de Pablo, Flora; Hernández-Sánchez; de la Rosa. "The Prohormone Proinsulin as a Neuroprotective Factor: Past History and Future Prospects" 11. ISSN 1662-5099. doi:10.3389/fnmol.2018.00426. Consultado o 28 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.