Flora Shaw
Tradución con problemas
Este artigo é unha tradución automática que non foi revisada, ou unha tradución de alguén que non ten suficientes coñecementos do galego ou da lingua de orixe. O artigo precisa unha revisión completa e mellora, en caso contrario o artigo pode que pase a ser eliminado nun prazo de 30 días a partir da data orixinal deste aviso. |
Flora Louise Shaw, nada o 19 de decembro de 1852 e finada o 25 de xaneiro de 1929, foi unha xornalista e escritora británica.[1] Atribúeselle o ter acuñado o nome "Nixeria".[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Flora Louise Shaw 19 de decembro de 1852 Woolwich, Inglaterra, Reino Unido |
Morte | 25 de xaneiro de 1929 (Idade 76 anos) Surrey, Inglaterra, Reino Unido |
Causa da morte | doenza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Actividade | |
Ocupación | Xornalista, novelista |
Empregador | Pall Mall Gazette (pt) The Guardian The Times |
Lingua | Lingua inglesa |
Outro | |
Título | Dama |
Cónxuxe | Sir Frederick Lugard |
Pais | George Shaw (pt) e Marie Desfontaines (en) |
Premios | |
Traxectoria
editarInfancia
editarFlora Louisa Shaw naceu no número 2 de Dundas Terrace, Woolwich, foi a cuarta de catorce irmáns, filla dun pai inglés, Capitán (despois Major General) George Shaw, e unha nai francesa, Marie Adrienne Josephine (nada Desfontaines; 1826–1871), unha nativa de Mauricio. Tivo nove irmás, a primeira e a última morreron na infancia, e catro irmáns. O seu avó por parte de pai foi Sir Frederick Shaw, terceiro baronete (1799–1876), de Bushy Park, Dublín, membro do parlamento de 1830 a 1848 e considerado como o líder dos conservadores irlandeses. A súa avoa por parte de pai, Thomasine Emily, foi a sexta filla de Honorable George Jocelyn e neta de Robert, o primeiro conde de Roden.[3]
Escritura para nenos
editarEntre 1878 e 1886 Shaw escribiu cinco novelas, catro para a infancia e unha para a mocidade. Nos seus libros, as mozas son animadas a ser resoltas e valentes, mais nun encadramento tradicional, actuando como apoio de pais "cabaleirosos" e futuros maridos máis que no seu propio beneficio. A ideoloxía de Shaw é tanto sexualmente conservadora como imperialista.[4]
- Castle Blair: A story of youthful days (Primeiro publicada en Londres, 1877)[4].
- Hector, a story (Primeiro seriada en Aunt Judy's Magazine, 1880-1881)[4].
- Phyllis Browne (Primeiro seriada en Aunt Judy's Magazine, 1881-1882)[4].
- A Sea Change (Primeiro publicada en Londres, 1885)[4].
- Colonel Cheswick's Campaign (Boston, 1886).[5].
A súa primeira novela para nenos, Castle Blair, foi traducida a varios idiomas e continuou sendo moi popular en Gran Bretaña e nos Estados Unidos no século XX. Estaba baseada nas súas propias experiencias de infancia angloirlandesa. Charlotte Yonge recomendouna xunto cos traballos de "algúns dos autores máis respectados e máis encantadores na tardía Inglaterra vitoriana " como "salvaxe ... atractiva e excitante ".[4] O crítico John Ruskin considerou Castle Blair como "boa e fermosa, e auténtica'".[6]
Shaw tamén escribiu unha historia de Australia para nenos, The story of Australia (Londres: Horace Marshall, 1897) como parte da serie Story of the Empire.[7]
Xornalismo
editarComezou a súa carreira no xornalismo en 1886, escribindo para Pall Mall Gazette e o Manchester Guardian.[8] Foi enviada polo xornal Manchester Guardian como a única muller xornalista para cubrir a Conferencia contra a escravitude en Bruxelas. Converteuse en Colonial Editor para The Times, sendo a muller xornalista mellor pagada do seu tempo.[8][9] Neste sentido o xornal enviouna como correspondente especial a África do Sur en 1892 e en 1901, e a Australia e Nova Zelandia en 1892, en parte para o estudo da cuestión do traballo dos kanakas nas plantacións de azucre de Queensland. Tamén fixo dúas viaxes a Canadá, en 1893 e 1898, a segunda delas incluíu unha viaxe ás minas de ouro de Klondike.[10][11]
A súa crenza nos beneficios do Imperio Británico inspiraron a súa escritura. Como correspondente para The Times, Shaw mandou "Cartas" de 1892–93 das súas viaxes a África do Sur e Australia, as últimas publicadas en forma de libro como Letters from South Africa (1893). Escribindo para os educados círculos de goberno, centrouse nas posibilidades de crecemento económico e consolidación política desas mesmas colonias autogobernadas dentro dun Imperio Británico máis unido, unha visión en gran parte miope da forza dos nacionalismos coloniais e das propias identidades locais.[9] Estes longos artigos nun xornal diario importante revela un imaxinario metropolitano de espazo e tempo colonial dunha tardía época vitoriana. Shaw proxectou vastos espazos baleiros na espera dos enérxicos colonos ingleses e das iniciativas económicas. Observando as novas paisaxes desde un vagón dun tren, por exemplo, seleccionou imaxes que lle servirían como potentes metáforas do tempo e movemento na construción de identidades raciais.[12] A súa designación como Colonial Editor para The Times permitiulle viaxar de parte a parte do Imperio Británico.[9]
Un aspecto pouco coñecido da súa prominente carreira foi que ao inicio de comezar a escribir para The Times, escribiu baixo o nome de F. Shaw, tratando de disfrazar o feito de ser unha muller. Máis tarde foi tan valorada que non precisou esta ocultación e escribiu abertamente como Flora Shaw, e foi considerada dentro das/dos máis grandes xornalistas do seu tempo, especialmente en política e economía.
Zebehr Pasha
editarShaw primeiro aproveitou a oportunidade xornalística mentres visitaba os amigos da familia, os Younghusbands, en Xibraltar en 1886. Alí, durante catro meses, visitou a Zebehr Pasha, un exgobernador sudanés escravista, que fora encarcerado alí. As súas crónicas presuntamente lideraron a súa liberación.[9][13]
Jameson Raid
editarFlora foi requirida para testificar diante da comisión de investigación da Cámara dos Comúns na Unión Surafricana durante a controversia política que rodeou a Jameson Raid no Transvaal o 29 de decembro de 1895. Flora Shaw tiña correspondencia frecuente cos implicados ou sospeitosos de implicación, incluíndo Cecil Rhodes, Leander Starr Jameson, Coronel Francis Rhodes, e o Secretario Colonial, Joseph Chamberlain. Foi exonerada de todos os cargos.[14]
Nomeando Nixeria
editarNun ensaio que primeiro apareceu en The Times de Londres o 8 de xaneiro 1897 por " Miss Shaw", suxeriu o nome "Nixeria" para o protectorado británico no río Níxer.[1] No seu ensaio Shaw estaba tratando de acurtar o termo que debería usarse para a "aglomeración de Estados Mahometanos e pagáns " que funcionaban baixo o título oficial, " Royal Niger Company Territories". Pensou que o termo "Royal Niger Company Territories" era demasiado longo para ser usado como o nome dun Real Estate Property baixo a Trading Company nesa parte de África. Estaba na procura dun nome novo e acuñou "Nixeria" preferíndoo a termos como "Sudán Central " que era asociado coa área por algúns xeógrafos e viaxeiros. Pensou que o termo "Sudán" nese tempo estaba asociado co territorio na cunca do Nilo, o actual Sudán. Daquela presentou este argumento en The Times de 8 de xaneiro 1897 así: "O nome Nixeria aplicado a ningunha outra parte de África pode, sen ofensa para a veciñanza, ser aceptado como co-extensivo cos territorios sobre os que a Compañía Real de Níxer foi estendendo a influencia británica, e pode servir para diferencialos igualmente das colonias de Lagos e o Protectorado Níxer na costa e dos territorios franceses do Alto Níxer."[15][16][17]
Lady Lugard
editarShaw estivo próxima aos tres homes máis representativos do imperio en África: Cecil Rhodes, George Goldie e Frederick Lugard.[9]
Casou, o 10 de xuño de 1902,[18] co administrador colonial, Sir Frederick Lugard, ao que en 1928 lle fora outorgado o título de Baron Lugard. Flora Shaw acompañouno cando serviu como Gobernador de Hong Kong (1907–1912) e como Gobernador-Xeneral de Nixeria (1914–1919). Non tiveron fillos.[11]
En 1905 Shaw escribiu a que quedaría como a historia definitiva do Sudán occidental e a colonización moderna da Rexión Norte de Nixeria, A Tropical Dependency: An Outline of the Ancient History of the Western Soudan, With an Account of the Modern Settlement of Northern Nigeria (Londres: Nisbet, 1905).
Mentres viviron en Hong Kong axudou o seu marido a establecer a Universidade de Hong Kong. Durante a Primeira Guerra Mundial, destacou na fundación do Comité de Refuxiados da Guerra, que tratou o problema dos refuxiados belgas, e fundou o Lady Lugard Hospitality Committee. Foi honrada no ano 1918 polo rei Xurxo V coa Orde do Imperio Británico.[11]
Morreu de pneumonía o 25 de xaneiro de 1929, aos 76 anos, en Surrey.[19]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Flora Lugard". web.archive.org. 2017-08-17. Archived from the original on 17 de agosto de 2017. Consultado o 2019-02-13.
- ↑ "THE ORIGIN OF NIGERIA: GOD OF JUSTICE NOT ASSOCIATED WITH AN UNJUST POLITICAL ORDER. Appeal to President Obasanjo not to rewrite Nigerian History. (PART 1)". ReworkNigeria. 2010-01-19. Consultado o 2019-02-13.
- ↑ Bell; Enid Moberly. Flora Shaw, Lady Lugard, D.B.E. data 1947. Ed. Constable. Londres. Data do acceso: 11 de outubro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Carrington, Bridget (2009). Paths of virtue? The development of fiction for young adult girls. Roehampton University. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 02 de xuño de 2017.
- ↑ Carrington, Bridget (April 2010). "Many leagues behind: Researching the history of fiction for YA girls" (PDF). Write4Children (Winchester University Press) 1 (2). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ "Roberts Bros' New Books". The Evolution. A Weekly Review of Politics, Religion, Science, Literature and Art. December 1878. p. 208. Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ Carrintong, Bridget. Capítulo 'Good, and lovely, and true': A consideration of the contribution and legacy of Flora Shaw's fiction for children. Título: A Victorian quartet: four forgotten women writers. Data: 2008. Editor: Pied Piper. Lugar: Shenstone. Isbn=978-0-9552106-5-5
- ↑ 8,0 8,1 "Flora (née Shaw), Lady Lugard - Person - National Portrait Gallery". www.npg.org.uk. Consultado o 2019-02-13.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Meyer, Karl E.; Brysac, Shareen Blair (2008). Kingmakers : the invention of the modern Middle East (1st ed.). Nova York: W.W. Norton & Co. ISBN 978-0-393-06199-4.
- ↑ "From Our Own Correspondent: Flora Shaw on the Klondike". www.historytoday.com. Consultado o 2019-02-13.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Modelo:Cite EB1922
- ↑ Codell, Julie F. (2003). Imperial Co-histories: National Identities and the British and Colonial Press (en inglés). Fairleigh Dickinson Univ Press. ISBN 9780838639733.
- ↑ "Zebehr Pasha's story". The New York Times. 16 de outubro de 1887. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2014.
- ↑ "Catalogue of the papers of Flora Shaw, Lady Lugard". Bodleian Library. University of Oxford. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2014.
- ↑ Shaw, Flora (8 January 1897). "Letter". The Times of London. p. 6.
- ↑ Correspondent, Special (2008). "Flora Shaw gives the name Nigeria" (PDF). Hogarth Blake. Consultado o 13 de outubro de 2014.
- ↑ Kwarteng, Kwasi (2012). Ghosts of Empire : Britain's Legacies in the Modern World. (1st ed.). New York: Perseus Books Group. ISBN 978-1-61039-120-7.
- ↑ "Court Circular". The Times (36792). 12/6/1902.
- ↑ "Flora Shaw". The Orlando Project. Cambridge University Press. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 13 de outubro de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Catalogue of the papers of Flora Shaw, Lady Lugard". Bodleian Library. University of Oxford. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2017. Consultado o 02 de xuño de 2017.