Abrir o menú principal

Índice

O florín neerlandés[1] (en neerlandés gulden) é o nome da moeda usada nos Países Baixos dende o século XV até o ano 2002, cando foi substituída polo euro. Dúas versións do gulden están aínda vixentes en Aruba e nas Antillas Holandesas. A versión de Suriname foi substituída polo dólar surinamés en 2004.

O tipo exacto de cambio, importante para os contratos antigos, é de 2,20371 floríns (NLG) por 1 euro (EUR). Isto supón 0,45378 euros por 1 florín.

NotasEditar

  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar