Florín
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
A palabra florín pode ter varios significados. Ten a súa orixe no florín florentino, denominado fiorino d'oro en italiano, importante moeda en toda Europa nas Idades Media e Moderna, que deu nome a outras varias moedas:
Moedas modernasEditar
- Florín das Antillas Neerlandesas, moeda oficial das Antillas Neerlandesas.
- Florín arubeño ou florín de Aruba, moeda oficial de Aruba.
- Florín húngaro, moeda oficial de Hungría desde 1946.
Moedas históricasEditar
- Florín florentino, moeda da antiga República de Florencia.
- Florín aragonés, moeda de ouro cuñada pola Coroa de Aragón durante a Idade Media, imitando os floríns de Florencia.
- Florín neerlandés, moeda oficial dos Países Baixos desde o século XV até a súa substitución polo euro en 2002.
- Florín austro-húngaro (gulden austro-húngaro), usada desde 1794 a 1892.
- Florín (moeda australiana), usada desde 1910 a 1966.
- Florín (moeda inglesa), rara moeda de ouro equivalente a seis xilins, usada só en 1344, chamada tamén "double-leopard" (leopardo dobre).
- Florín (moeda irlandesa), moeda de dous xilins acuñada desde 1928 a 1968.
- Florín (moeda neozelandesa), acuñada desde 1933 a 1965.
- Gulden do sur de Alemaña, usada desde 1754 a 1873 por varios estados xermáns.
- Florín (moeda británica), moeda acuñada desde 1849 a 1970 que contiña as inscricións one florin ("un florín"), two shillings ("dous xilins") ou ámbalas dúas denominacións.
- Florín de África Oriental, usada nas colonias e protectorados británicos do leste de África desde 1920 a 1921.
- Florín Lombardo-Véneto, usada no estado anterior á unificación italiana do Lombardo-Véneto desde 1862 a 1866.
- Florín dos Estados Unidos de Bélxica, usada en 1790, foi chamada coloquialmente "Lion d'Argent" (león de prata).