Flevopolder é unha superficie de varios pólders en terras gañadas ao mar situada na provincia de Flevoland nos Países Baixos. Flevopolder componse de dous pólders, o pólder meridional (Zuidelijk) drenado e construído en 1968 e o oriental (Oostelijk) finalizado antes en 1955. A diferenza doutros pólders, Flevopolder está rodeado completamente por auga, polo cal pode dicirse que é unha illa, ás veces é considerada a illa artificial máis grande do mundo.[1] Flevopolder xunto co Noordoostpolder, forman a provincia de Flevoland xa que esta está feita enteiramente de pólders.

Flevopolder
Flevopolder en Países Baixos
Flevopolder
Flevopolder
Localización da illa
Situación
PaísPaíses Baixos Países Baixos
ProvinciaFlevoland
Coordenadas52°30′N 5°28′L / 52.500, -5.467Coordenadas: 52°30′N 5°28′L / 52.500, -5.467
Xeografía
Superficie970 km²
Demografía
Poboación317.000 (2007)
Vista aérea do Flevopólder

O nome de "Flevopolder" tómase do antigo lago Flevo que foi secado enteiramente pola construción de terras gañadas ao mar. Actualmente o Flevopolder sitúase nunha gran parte do orixinal lago Flevo.

Fontes fluviais

editar

Flevopolder está completamente rodeado por auga, bañado polos lagos de Ketelmeer, Vossemeer, Drontermeer, Veluwe, Wolderwijd, Nuldernauw, Nijkerkernauw, Eemmeer, Gooimeer, Markermeer, IJmeer e o IJsselmeer

  1. "Dutch Flevoland - The Largest Man-Made Island". www.tourism-review.com. 28 de abril de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar