Flee (filme)

filme de 2021 dirixido por Jonas Poher Rasmussen

Flee é un filme de animación de 2021 dirixido por Jonas Poher Rasmussen. É unha coprodución internacional entre Dinamarca, os Estados Unidos de América, o Reino Unido, Suecia, Noruega e Francia. Conta a historia dun home chamado Amin Nawabi, que comparte por primeira vez o seu pasado oculto, no cal tivo que fuxir do seu país. Riz Ahmed e Nikolaj Coster-Waldau son os produtores executivos.

Flee
Ficha técnica
Título orixinalFlee
DirectorJonas Poher Rasmussen
Produtor
Guión
  • Jonas Poher Rasmussen
  • Amin
MúsicaUno Helmersson
FotografíaMauricio Gonzalez-Aranda
MontaxeJanus Billeskov Jansen
Estudio
Distribuidora
EstreaFestival de Sundance: 28 de xaneiro de 2021
Duración90 minutos[2]
OrixeDinamarca Dinamarca
Estados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Suecia Suecia
Noruega Noruega
Francia
XéneroDrama e animación
Recadación58 364 dólares[3][4]
Na rede
https://www.fleemovie.com
IMDB: tt8430054 Filmaffinity: 705939 Allocine: 283761 Rottentomatoes: m/flee Metacritic: movie/flee Netlix: 81423424 Editar o valor en Wikidata

É considerado un dos máis aclamados e galardoados filmes documentais de animación dende Vals Im Bashir (2008).[5][6][7] Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 94ª edición dos premios,[8][9] sendo nomeado xunto a outros catro filmes. Ademais, foi nomeado ó Óscar ó mellor documental[10] e ó Óscar ó mellor filme de animación.[11] Nos Premios Óscar, converteuse no primeiro filme de animación e documental para adultos en ser nomeado máis de dúas veces, no primeiro filme de animación en ser nomeado na categoría de documental e o primeiro en ser nomeado na categoría internacional dende Vals Im Bashir de 2008.

Sinopse

editar

O filme conta a historia de Amin Nawabi, quen, a piques de casar co seu marido, conta por primeira vez a súa historia sobre o seu pasado oculto, cando fuxiu do seu país natal (Afganistán) cara a Dinamarca como refuxiado.

Personaxes

editar
  • Amin Nawabi como el mesmo
    • Daniel Karimyar como Amin de mozo
    • Fardin Mijdzadeh como Amin de adolescente
  1. Donnelly, Matt (29 de xaneiro de 2021). "Sundance Film 'Flee' Sells to Neon for Seven Figures". Variety. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  2. "Flee". Festival de Cinema de Sundance. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  3. "Flee (2021)". Consultado o 4 de xaneiro de 2022. 
  4. "Flee (2021)". Box Office Mojo. Consultado o 4 de xaneiro de 202w. 
  5. Wilkinson, Alissa (2021-12-02). "In Flee, one Afghan refugee’s story comes to vibrant, animated life". Vox (en inglés). Consultado o 2022-02-04. 
  6. "‘Flee’: Overpraised Animated Documentary Tackles an Immigrant’s Journey From Afghanistan to Sweden". World of Reel (en inglés). Consultado o 2022-02-04. 
  7. Zahed, Ramin (2021-06-03). "Unchained Memories: Jonas Poher Rasmussen’s ‘Flee’ Animates a Turbulent Refugee Tale". Animation Magazine (en inglés). Consultado o 2022-02-04. 
  8. "'Flee' selected as Danish Oscar entry". Danish Film Institute. 25 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  9. Davis, Clayton (21 de decembro de 2021). "Oscars Shortlists Include Beyoncé, ‘Spider-Man’ and Two Jonny Greenwood Scores as France’s ‘Titane’ Is Snubbed". Variety. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  10. Davis, Clayton (21 de decembro de 2021). "Oscars Shortlists Include Beyoncé, ‘Spider-Man’ and Two Jonny Greenwood Scores as France’s ‘Titane’ Is Snubbed". Variety. Consultado o 21 de decembro de 2021. 
  11. Pedersen, Erik; Pedersen, Erik (2021-12-06). "Oscars Sets Eligible Films In Animated, Documentary & International Feature Categories". Deadline (en inglés). Consultado o 2022-02-04. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar