Flandres francés
O Flandres francés (Flandre française en francés, Frans-Vlaanderen en neerlandés) é unha rexión non administrativa que ocupa o terzo setentrional do departamento de Norte, en Francia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Altos de Francia | |||
Departamento | Norte, Francia | |||
Poboación | ||||
Lingua usada | lingua francesa Flamengo de Francia | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Mar do Norte e Canal da Mancha | |||
1. Distínguense varias rexións naturais no Westhoek (parte do Flandres francés comprendida entre o Lys e o Mar do Norte onde se fala o neerlandés):
- o Blootland «terra deserta» ou Chaira marítima (coa cidade de Dunkerque).
- o Houtland «terra dos bosques» (coas cidades de Cassel, Hazebrouck e Bailleul).
- a Chaira do Lys.
Este territorio corresponde hoxe ao distrito de Dunkerque.
2. Ademais do Westhoek (chamado tamén Flandres Marítimo), o Flandres francés inclúe outra parte ao redor de Lille que se chama en ocasións Flandres de Lille, Flandres galicante, Flandres romance ou Flandres valón.
Este territorio corresponde hoxe aos distritos de Lille e Douai.
Cultura franco-flamenga
editarO Flandres francés caracterízase sobre todo pola súa identidade cultural: ata comezos do século XX a maioría da poboación falaba a lingua flamenga, lingua xermánica semellante ao holandés e claramente distinto do picardo (incluído o chti) e das lingua de oïl falada máis ao sur e ao oeste.
Esta lingua clásica ensinouse nas escolas primarias da rexión ata a prohibición de 1853 pola Academia de Lille. Este decreto non se puxo nunca despois en dúbida. Algúns xogos flamengos, como o bourle, aínda son practicados nesta zona. A extensión lingüística dáse claramente a través dos topónimos: Dunkerque («igrexa da duna»), Brouckerque («igrexa do pantano») ou Hazebrouck («pantano da lebre»).
Na actualidade o neerlandés ensínase nalgunhas escolas e órganos colexiados nun curso dunha 1 hora por semana.
O Estado francés non recoñece a lingua flamenga como lingua rexional, malia os 100.000 cidadáns franceses que falan ou comprenden esta lingua[1]. A solicitude de tal recoñecemento pediuse ante Luc Ferry pero esta foi denegada xa que o flamengo non é máis que un compoñente do neerlandés, lingua estranxeira. A comunidade flamenga mobilízase para preservar o seu patrimonio cultural[2].
Literatura
editarA obra do escritor de Dunkerque Michel de Swaen recoñécese aínda hoxe día no conxunto do espazo neerlandófono como unha das máis importante da literatura flamenga.
Teatro
editarO Teatro popular para o Flandres francés de Flor Barbry é unha sociedade teatral neerlandófona que dá representacións no Flandres Occidental e Flandres francés dende 1954.
Extensión histórica
editarFlandres francés designa tamén:
- a parte meridional do condado de Flandres que implicaba rexións non flamengas (no sentido xeográfico, lingüístico e cultural) (por exemplo: Valenciennes);
- a antiga provincia francesa do Antigo Réxime (Flandres) composta da parte francesa de Condado de Flandres e de Condado de Hainaut, con capital en Lille.
Este pasou baixo soberanía borgoñoa e logo española. O territorio dos distritos actuais de Lille, Douai e Dunkerque cedeuse progresivamente a Francia durante o reino de Lois XIV polo tratado dos Pireneos en 1659, polo Tratado de Aquisgrán en 1668 e polo Tratado de Nimega en 1678.
Invadida en 1791 polos austríacos, estivo ocupado malia a heroica resistencia dos lileses; Pichegru renovouno en 1793.
Hoxe en día o Flandres francés non ten a menor institución política ou administrativa propia, se non está por medio do intercommunalité cos "Países" (leis Chevènement - Voynet) onde o nome "Flandres" aparece. Dous "países" así se realizaron recentemente; o País Muíños de Flandres e o País Corazón de Flandres.
Notas
editar- ↑ "Langues et dialectes". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2007. Consultado o 11 de maio de 2008.
- ↑ La Flandre: Terre de Tradition Arquivado 09 de maio de 2008 en Wayback Machine.. Consultado o 27-12-2006