Flamengo rosa
Flamengo rosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() En Namibia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Phoenicopterus roseus' Pallas, 1811 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Phoenicopterus antiquorum |
O flamengo rosa, flamengo vulgar ou flamengo grande (Phoenicopterus roseus) é a especie de flamengo cunha distribución xeográfica máis ampla. O seu territorio abrangue partes de África, Asia e do sur de Europa.
Descrición Editar
É un dos flamengos meirandes, de entre 120 e 140 cm de altura media, dos que 40 ou 50 cm corresponden ás patas. Está sistematicamente moi preto do flamengo de Chile e do flamengo de Cuba, cos que en ocasións se considera que forma unha especie única.
A súa plumaxe é case toda de cor branca rosada, coas plumas cobertoiras das ás vermellas. As plumas rémixes primarias e secundarias son negras. Ten o bico rosa coa punta negra. As patas son completamente rosadas. O seu berro característico é algo semellante ó dos gansos Coma tódolos flamengos aliméntanse de crustáceos e plancto que obteñen filtrando a auga.
Distribución Editar
Aprecen en partes de África, suroeste de Asia (incluída Anatolia), nas rexións costeiras da India e no sur de Europa ( España, Portugal e na Camarga francesa. Algunhas poboacións son migratorias.
Reprodución Editar
Crían en colonias en zonas planas e lamacentas á beira do mar ou lagos salgados. Poñen, coma tódolos flamengos, un único ovo, de cor branca, nun niño feito nunha pila de lama. Non crían cada ano e a incubación dura uns 30 días.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Flamengo rosa |
Ligazóns externas Editar
- R Videos sobre o flamengo rosa (en inglés Internet Bird Collection)
- ↑ BirdLife International (2012). "Phoenicopterus roseus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.