Firelord

Firelord é un videoxogo desenvolvido por Hewson Consultants para Commodore 64 e ZX Spectrum en 1986.

Estamos na Idade Media na terra de Torot gobernada por unha raíña maleva. Para rematar con esta tiranía Sir Galaheart, o cuarto cabaleiro da mesa triangular, a petición do rei deposto. Galaheart sabedor do temor da raíña ó avellentamento e da súa busca da apócema da eterna xuventude decide armarse e buscar información sobre quen ten cada un dos compoñentes da apócema e trocarllo polo obxecto da súa elección. Unha vez que teña todos os compoñentes deberá ir á raíña que a cambio lle dará a Pedra do Lume que ela obtivera do dragón, Galaheart terá que lla devolver.