Abrir o menú principal

Fina Birulés Bertran, nada en Xirona o 29 de marzo de 1956, é unha profesora de filosofía española fundadora na Universidade de Barcelona do Seminario "Filosofía e Xénero". É unha das máis recoñecidas especialistas na obra de Hannah Arendt.[1]

Fina Birulés
Fina Birulés 2- 2016 (cropped).jpeg
Nacemento29 de marzo de 1956
 Xirona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfilósofa, catedrática e escritora
PremiosCreu de Sant Jordi
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É profesora de filosofía na Universidade de Barcelona e foi profesora visitante nas universidades de Porto Rico, Chile, Parma, Florencia e Viena.

En 1990 fundou na Universidade de Barcelona[1] o Seminario "Filosofía e Xénero" no que xunto con Rosa Rius e outras investigadoras traballou na recuperación da obra e o pensamento das filósofas, unha recuperación -dixo- na que non só se xoga o paliar unha inxustiza histórica pola súa exclusión da cronoloxía, senón o poder emendar importantes lagoas teóricas do discurso dominante.[2]

 
Fina Birulés na conferencia inaugural de "Girlsss" no CCCB.

A súa tarefa de investigación articulouse ao redor de dous núcleos: subxectividade política, historia e acción e cuestións de teoría feminista e estudo da produción filosófica feminina, con especial atención á obra de Hannah Arendt de cuxa obra é unha das súas principais tradutoras ao castelán.[3] Tamén investigou o traballo de filósofas do século XX como Simone Weil, Sarah Kofman, Rachel Bespaloff, Simone de Beauvoir e Françoise Collin.[1]

Vida persoalEditar

Foi compañeira sentimental da escritora Maria Mercè Marçal.[Cómpre referencia]

PublicaciónsEditar

É tradutora de varias obras de filosofía contemporánea, autora de numerosos ensaios e editora de volumes colectivos sobre o pensamento de Hannah Arendt e outras pensadoras contemporáneas (Filosofía y género, El género de la memoria, En torno a Hannah Arendt, con Manuel Cruz; Pensadoras del Siglo XX. Aportaciones al pensamiento filosófico y político e Lectoras de Simone Weil, os dous con Rosa Rius).[4]

Entre as súas principais obras atópanse:

  • Una herencia sin testamento: Hannah Arendt (Herder, 2007)
  • Hannah Arendt. Más alla de la filosofía. Escritos sobre cultura, arte y literatura con Ángela Lorena Fuster (Trotta 2014) ISBN 978-84-9879-531-8
  • Entreactes, Entorn del pensament, a política i el feminisme (El Trabucaire, 2014)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Carlos Javier González Serrano. "Entrevista a Fina Birulés". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  2. "Fina Birules | Cátedra de Filosofía Contemporánea". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  3. CCCB (ed.). "Fina Birulés". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  4. Universidad de Barcelona (ed.). "Fina Birulés Bertran". 

Véxase taménEditar