Filtro Chamberland
O filtro Chamberland, tamén coñecido como filtro Chamberland-Pasteur, é un filtro de auga feito en porcelana por Charles Chamberland en 1884.[1] Baixo un principio similar atópase o coñecido como filtro Berkefeld.
Deseño
editarO filtro consiste nun tubo de porcelana sen esmaltar que contén un anel de porcelana esmaltada no que se encaixa o tubo de entrada. O núcleo da porcelana consta dun tubo metálico con buratos polos que sae e se recolle a auga. O influxo presurízase para que a filtración se produza exercendo esta forza.
Tipos
editarHai 13 tipos en xeral: L1 a L13. Os filtros L1 teñen poros máis grosos mentres que os do modelo L13 son máis delgados.
Utilidade
editarÉ tan efectivo como calquera outro filtro de cerámica ou de porcelana. Resulta ser un bo filtro de auga para as bacterias, empregándose fundamentalmente a modo de filtro para inxentes cantidades de auga.[2][3] O filtro funciona con máis celeridade cando a auga administrada se atopa baixo presión. Ao igual que lles sucede a outros filtros similares, o modelo Chamberland non pode filtrar partículas de reducido tamaño tales como virus ou micoplasma. É empregado na eliminación de organismos en cultivos fluídos, co propósito de obter toxinas bacterianas.
Notas
editar- ↑ Horzinek MC (1997). "The birth of virology". Antonie van Leeuwenhoek 71 (1/2): 15–20. PMID 9049014. doi:10.1023/A:1000197505492.
- ↑ Textbook of Microbiology by Prof. C P Baveja, ISBN 81-7855-266-3
- ↑ Textbook of Microbiology by Ananthanarayan and Panikar, ISBN 81-250-2808-0