Filmes propostos ó mellor filme internacional na 31ª edición dos Óscar

artigo de listas da Wikimedia

Os seguintes 10 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 31ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Francia, Italia, España, Alemaña Occidental e Iugoslavia. Francia gañou o seu primeiro premio co filme Meu tío (Mon oncle), unha comedia con pouco diálogo.[1]

Jacques Tati, director do filme gañador.

Exipto e Iugoslavia presentaron filmes a competición por primeira vez.

Propostas editar

País Título Lingua(s) Director(es) Resultado
  Alemaña Occidental Helden Alemán Franz Peter Wirth
Nomeado
  Dinamarca Guld og grønne skove Dinamarqués Gabriel Axel Non nomeado
  España La venganza Castelán Juan Antonio Bardem
Nomeado
  Exipto Bāb al-Ḥadīd Árabe Youssef Chahine Non nomeado
  Francia Meu tío Francés Jacques Tati Premio da Academia
  India Madhumati Hindi Bimal Roy Non nomeado
  Italia I soliti ignoti Italiano Mario Monicelli
Nomeado
  Iugoslavia La strada lunga un anno Italiano Giuseppe De Santis
Nomeado
  Suecia Ansiktet Sueco Ingmar Bergman Non nomeado
  Xapón Narayama-bushi Kō Xaponés Keisuke Kinoshita Non nomeado

Notas editar

  1. oscars.org (ed.). "The 31st Academy Awards (1959) Nominees and Winners". Consultado o 27 de outubro de 2011.