Filmes de Uganda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

Uganda presentou un filme para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 2022. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Propostas editar

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Uganda para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega. En 2019, informouse que Uganda escollera Kony: Order from Above como a súa candidata,[6][7] mais o comité de selección de Uganda dixo que o filme non cumpría os criterios mínimos requiridos e non foi seleccionado.[8]

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua Director Resultado
2022
(95ª)
Tembele[9] Suahili Mugisha, MorrisMorris Mugisha Non nomeado

Notas editar

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. "Ugandan movie Kony-Orders from Above selected for Oscar Awards". Showbiz Uganda. Consultado o 12 de setembro de 2019. 
  7. "Kony Order from Above movie selected for Oscar Awards in a first for Uganda". Softpower. Consultado o 12 de setembro de 2019. 
  8. "Ugandan Film Kony Order From Above rejected by Oscars Committee". Sqoop. Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  9. "Ugandan film "Tembele" selected for the 95th Oscars". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2022. Consultado o 12 de setembro de 2019.