Filmes de Porto Rico propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

Porto Rico presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1986. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Os candidatos de Porto Rico eran escollidos pola Corporación de Cinema de Porto Rico.[5] Porén, o territorio xa non ten permitido presentar filmes xa que a Academia modificou as regras de tal xeito que os protectorados estadounidenses non poden participar.[6]

Propostas editar

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Porto Rico para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Director Resultado
1986
(59ª)
La gran fiesta Zurinaga, MarcosMarcos Zurinaga Non nomeado
1988
(61ª)
Tango Bar Zurinaga, MarcosMarcos Zurinaga Non nomeado
1989
(62ª)
Lo que le pasó a Santiago Morales, JacoboJacobo Morales
Nomeado
1994
(67ª)
Linda Sara Morales, JacoboJacobo Morales Non nomeado
1998
(71ª)
Héroes de otra patria Ortíz, Iván DarielIván Dariel Ortíz Non nomeado
2001
(74ª)
12 horas Marchand-Sánchez, RaúlRaúl Marchand-Sánchez Non nomeado
2005
(78ª)
Cayo Juarbe, VicenteVicente Juarbe Non nomeado
2006
(79ª)
Ladrones y mentirosos Méndez Matta, RicardoRicardo Méndez Matta Non nomeado
2007
(80ª)
Maldeamores Mariem Perez e Carlitos Ruíz Non nomeado
2009
(82ª)
Kabo & Platon Rodríguez, Edmundo H.Edmundo H. Rodríguez Non nomeado
2010
(83ª)
Miente Mercado, RafiRafi Mercado Non nomeado[8]
2011
(84ª)
América Fritz, SoniaSonia Fritz Descualificado[9]

Notas editar

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. "Terra - Notícias, esportes, coberturas ao vivo, diversão e estilo de vida". Terra. 
  6. Variety, ed. (7 de outubro de 2011). "Oscar rejects". Consultado o 7 de outubro de 2011. 
  7. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  8. oscars.org (ed.). "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  9. Variety, ed. (13 de outubro de 2011). "Academy unveils 63 foreign Oscar entries". Consultado o 13 de outubro de 2011.