Fillo de Deus
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
A expresión Fillo de Deus refírese a un título que foi outorgado ou adoptado por varias figuras históricas e mitolóxicas no decorrer do tempo, e que identifica alguén como unha figura cuxa ascendencia estaría directamente vinculada á existencia dunha divindade superior e, por tanto, estaría nunha condición de existencia máis destacada que os demais seres humanos, chamados de fillos do home.[1][2]

Tal coma un título nobiliario foi usado por algúns monarcas, a saber, Nimrod ou os emperadores romanos Octavio Augusto e Xulio César, os cales eran alcumados de divi filius. Con significado non moi distante do título nobiliario, así tamén eran chamadas algúns deuses que, segundo á súa mitoloxía, eran proxenie do ou dos principais deuses do panteón, por exemplo, Horus, que era o fillos dos deuses Osiris e Isis por medio dunha concepción inmaculada; Hércules, fillo de Zeus e Alcmena.[3][4]
No Occidente, malia a súa herdanza das culturas romana e helénica, sucede que as diversas manifestacións do cristianismo representan a maioría relixiosa e a expresión é remitida ó trato do Xesús de Nazaret, que é percibido como o fillo unixénito da divindade paterna, e nese aspecto o Xesús recibe tamén o tratamento de "fillo do home", sendo que esta última expresión é usada en sinonimia coa expresión "fillo de deus" e co concepto de mesías.[5][6]
O cristianismo, por causa do seu modo peculiar de tratar a figura de fillo de Deus coma que se fose o Mesías e por que tamén el formaría xunto co pai mailo Espírito Santo unha única deidade, afástase sobremaneira das súas orixes hebreas, pois, para o xudaísmo, a expresión ten sentido totalmente distinto e endexamais ten acollemento no mesmo sentido de ente unxido ou de figura asemellada ó Creador.[7]
NotasEditar
- ↑ Horn, Friedrich Wilhelm; Strecker, Georg (2000). Theology of the New Testament (en inglés). Traducido por Eugene Boring. Berlin: Gruyter. p. 82.
- ↑ Reis Chaves, José. "O Jesus Histórico e o Mítico" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2008. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Horus Manure: Debunking the Jesus/Horus Connection" (en inglés). jonsorensen.net. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Os Doze Trabalhos de Hércules e a Evolução da Alma Visão Esotérica" (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "PREGARIA EUCARÍSTICA: ADVENTO E NADAL". Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "No pisiño do Mesías". Galicia Digital. Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ Barros, Carlos. "Xudeus e xudaizantes na historia de Galicia, séculos X-XXI". Universidade de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2016.
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |