Filüksinos Yusuf Çetin

Filüksinos, nado como Yusuf Çetin[1] (en siríaco: ܦܝܠܘܟܣܝܢܘܣ ܝܘܣܦ ܓܬܝܢ) o 20 de agosto de 1954 no distrito de Dargeçit (Mardin, Turquía) é un eclesiástico ortodoxo siríaco, vigairo patriarcal de Istambul e Ancara dende 1986.

Infotaula de personaFilüksinos Yusuf Çetin
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Cross College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatriarchal vicar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 20 de agosto de 1954 no distrito de Dargeçit (provincia de Mardin),[2] e logo de completar na súa vila natal a súa educación, comezou estudos relixiosos e siríacos.[2] Despois de estudar no mosteiro de San Gabriel, foi ordenado sacerdote en 1971.[2]

En 1983 trasladouse a Damasco por invitación do patriarca Ignacio Zaqueo I Iwas, onde estudou Teoloxía no Seminario Teolóxico de Santo Efrén; ademais dos estudos teolóxicos, ampliou os seus coñecementos do siríaco, e estudou tamén árabe.[2] Logo de rematar os seus estudos aos tres anos, comezou a dirixir o propio seminario.[2]

O 28 de setembro de 1986 foi ordenado bispo polo patriarca Ignacio Zaqueo I, e foi nomeado vigairo patriarcal de Istambul e Ancara.[2]

Ten publicado poesía siríaca e estudos teolóxicos nas publicacións patriarcais, e tamén traduciu ao turco dende o siríaco algunhas vidas de santos.[2]

Reuniuse co papa Bieito XVI en 2006, con ocasión da súa visita a Turquía,[3] e tamén asistiu á misa celebrada polo pontifice na catedral do Espírito Santo.[4]

Notas editar

  1. Tamén citado como Philoxenos Yusuf Cetin, Philexinos Yusuf Cetin, Filuksinos Yusuf Çetyn.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Metropolit Filüksinos Yusuf Çetin" [Metropolita Filüksinos Yusuf Çetin]. İstanbul ve Ankara Süryani Ortodoks Metropolitliği (Metropolita ortodoxo siríaco de Istambul e Ancara) (en turco). Consultado o 5/12/2020. 
  3. Ergün, Bülent; Toprak, Veli; Demir, Yusuf (30 de novembro de 2006). "Barış öpücüğü". Vatan (gazetevatan.com) (en turco). Consultado o 5/12/2020. Papa, Ermeni Patrikliği’ni ziyaretinin ardından en son Musevilerin lideri Hahambaşı İshak Haleva ve Süryanilerin lideri Yusuf Çetin’le görüştü. 
  4. González, Enric (2 de decembro de 2006). "El Papa deja Turquía con la esperanza de haber impulsado el diálogo y la comprensión con el islam". El País (en castelán). Consultado o 5/12/2020. El último acto, antes de regresar a Roma, fue una misa en la catedral del Espíritu Santo, de rito latino, en la que participaron Bartolomé I (ortodoxo), Mesrob II (Patriarca de los armenios apostólicos) y Filuksinos Yusuf Cetin (Metropolitano de los sirio-ortodoxos). 


Dignidades da Igrexa ortodoxa siríaca
Predecesor:
Samuel Akdemir
 Vigairo patriarcal de Istambul e Ancara 
1986 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)