Ficheiro:Mosteiro San Xulián de Moraime.jpg
Ficheiro orixinal (1.347 × 1.315 píxeles; tamaño do ficheiro: 1,78 MB; tipo MIME: image/jpeg)
Este ficheiro procede de Wikimedia Commons. A continuación móstrase a información da súa páxina de descrición. Commons é un repositorio libre de ficheiros multimedia. Pode contribuír alí cargando as súas imaxes. |
DescriciónMosteiro San Xulián de Moraime.jpg |
Muxía (A Coruña) Conxunto histórico que son espacios urbanos ou agrupacións de bens declarados como tal. Declarado o 18 de agosto de 1972. O único mosteiro histórico da Costa da Morte, xa exclaustrado desde antigo, é o que hoxe serve de igrexa parroquial de San Xiao de Moraime, a tres quilómetros pola estrada a Muxía. O nome deste concello, que se fai derivar de terra de monxes ou monxía, fala da importancia deste cenobio beneditino vinculado primeiramente ao poder medieval dos condes de Traba e logo priorado de San Martiño Pinario de Santiago. Na actualidade, a igrexa xunto coa casa reitoral e mais o camposanto forman un conxunto de forte personalidade estética dentro do románico rural galego. O templo é de planta basilical con tres naves de boa altura e tres ábsidas. No exterior, amosa un orixinal adro cuberto con escalinata descendente cara á porta principal. O ambiente semisoterreado de escuridade e humidade produce unha estraña impresión de catacumba acrecentado pola porta en si, flanqueada a cada lado por tres pares de estatuas-columnas sobre as que se erguen tres arquivoltas profusamente decoradas con personaxes. Máis luminosa, a porta lateral sur ofrece fermosos chapiteis e unha escena da Última Cea no tímpano exterior e polo seu reverso interior decórase co Agnus Dei. Malia as difíciles condicións de conservación, no interior aprézanse aínda restos das sorprendentes pinturas que cubrían todo o lateral hoxe interpretadas como representacións dos sete pecados capitais e a morte. O recinto acompáñase coa Casa Reitoral, pendente de rehabilitación integral que recupere a súa pacega estrutura con solaina, pombal e horta xa irrecoñecible. O mar de Muxía, xa próximo, tamén reclama unha visita cargada de relixiosidade e devoción popular nas famosas pedras do Santuario da Barca. |
||
Data | |||
Orixe | originally posted to Flickr as Mosteiro San Xulián de Moraime | ||
Autoría | amaianos | ||
Licenza (Reuso deste ficheiro) |
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0.
|
Elementos retratados neste ficheiro
representa a
31 xaneiro 2009
Historial do ficheiro
Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.
Data/Hora | Miniatura | Dimensións | Usuario | Comentario | |
---|---|---|---|---|---|
actual | 3 de xaneiro de 2010 ás 19:48 | 1.347 × 1.315 (1,78 MB) | Flickr upload bot | Uploaded from http://flickr.com/photo/24326886@N03/3257886921 using Flickr upload bot |
Uso do ficheiro
A seguinte páxina usa este ficheiro:
Metadatos
Este ficheiro contén información adicional, probablemente engadida pola cámara dixital ou polo escáner usado para crear ou dixitalizar a imaxe. Se o ficheiro orixinal foi modificado, poida que algúns detalles non se reflictan no ficheiro modificado.
Fabricante da cámara | EASTMAN KODAK COMPANY |
---|---|
Modelo da cámara | KODAK CX7330 ZOOM DIGITAL CAMERA |
Tempo de exposición | 1/90 segundos (0,011111111111111) |
Número f | f/2,8 |
Lonxitude focal | 5,6 mm |
Orientación | Normal |
Resolución horizontal | 230 ppp |
Resolución vertical | 230 ppp |
Software utilizado | Adobe Photoshop CS3 Windows |
Data e hora de modificación do ficheiro | 6 de febreiro de 2009 ás 19:16 |
Posicionamentos Y e C | Centrado |
Programa de exposición | Programa normal |
Versión Exif | 2.21 |
Data e hora de dixitalización | 31 de xaneiro de 2009 ás 18:24 |
Velocidade de obturación APEX | 6,5 |
Apertura APEX | 3 |
Corrección da exposición mediante APEX | 0 |
Máxima apertura do diafragma | 2,9 APEX (f/2,73) |
Modo de medida da exposición | Patrón |
Fonte da luz | Descoñecida |
Flash | Non se disparou o flash, modo automático, modo de redución de ollos vermellos |
Espazo de cor | sRGB |
Índice de exposición | 100 |
Tipo de sensor | Sensor da área de cor dun chip |
Procesamento de imaxe personalizado | Procesamento normal |
Modo de exposición | Exposición automática |
Balance de brancos | Balance de brancos automático |
Valor do zoom dixital | 0 |
Lonxitude focal na película de 35 mm | 37 mm |
Tipo de captura da escena | Estándar |
Contraste | Normal |
Saturación | Normal |
Nitidez | Normal |
Rango de distancia ao suxeito | Descoñecida |