Ficheiro:Miliario de Redondela.jpg

Ficheiro orixinal(820 × 615 píxeles; tamaño do ficheiro: 183 kB; tipo MIME: image/jpeg)

Descrición
Español: Miliario de Santiaguiño de Antas (entre Redondela y Mos) al que se le atribuyen poderes fecundantes extraordinarios.
Galego: Miliario denominado "O Marco" ou "Anta de Maniola".: Miliario denominado "O Marco" ou "Anta de Maniola". Con esta última denonimación coñecíase na Idade Media polo nome do val que alí comeza. M. Piñeiro atribúello a Traxano ( século II da era cristiá)

Dimensións:

   * Alto 1,70 metros
   * Circunferencia superior: 1,88 m.
   * Circunferencia inferior: 1,93 m.
   * Letras:non se aprecian 

Miliario 5: O Marco Este miliario atópase aínda "in situ", a uns 70 metros da capela de Santiaguiño de Antas (Mos), antigo camiño real. Serve de deslinde entre o concello de Redondela (parroquia de Vilar de Infesta) e as parroquias de Louredo e Guizán do concello de Mos. A primitiva inscrición foi moi maltratada. Presúmese que os veciños e devotos ó non entenderen a lenda latina que posuía, converteron en cruces os trazos rectos das letras, facéndoas desaparecer. Este é outro caso peculiar de cristianización. O miliario en cuestión é obxecto de prácticas supersticiosas. Os veciños gárdanlle tanta fe que se santigan cando pasan ó lado del. Considerouse este miliario como dador de sorte, profiláctico e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles.

En 1931 foi adquirido pola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. A pesar de que fixeron unha réplica para substituílo, no momento en que os señores Sampedro Folgar, Filgueira Valverde, Novas e o gobernador civil D. Angel del Castillo intentaron permutalo para levar o orixinal ó museo, os veciños fixeronlle fronte, manifestando que "o Marco non se movía de alí". De nos ser polo primeiros, a garda civil tería cargado contra os veciños. O señor Sampedro manifestou entón que "ben está, sigan defendendo a pedra e non deixen que a leve calquera mercachifle". Alí quedaron o miliario verdadeiro e a réplica.
Data
Orixe originally posted to Flickr as Miliario de Redondela
Autoría Bota de Chaplin
Licenza
(Reuso deste ficheiro)
A carga desta imaxe no Commons, publicada orixinalmente no Flickr, levouna a cabo Lansbricae o día 26 de maio de 2008, 08:03 coa axuda do Flickr upload bot. Nesa data, o ficheiro estaba baixo a licenza indicada a continuación.
w:gl:Creative Commons
recoñecemento
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual26 de maio de 2008 ás 08:03Miniatura da versión ás 08:03 do 26 de maio de 2008820 × 615 (183 kB)Flickr upload botUploaded from http://flickr.com/photo/22735719@N03/2224848302 using Flickr upload bot

Uso global do ficheiro

Os seguintes wikis empregan esta imaxe:

Metadatos