Ficheiro:Igrexa de Santiago (A Coruña) 3.jpg

Ficheiro orixinal(2.233 × 1.675 píxeles; tamaño do ficheiro: 1,55 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Esta é unha foto dun monumento declarado no rexistro de Bens de Interese Cultural do patrimonio español co código RI-51-0003885.

Descrición

A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello desde o século XV.

A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha só, de estilo oxival, no século XV. A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns do Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía. A torre é igualmente románica, aínda que houbo de ser reparada no 1607 a causa dalgunha explosión, xa que foi o polvorín da antiga cidade. Forma un curioso recuncho coa casa do Consulado na que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada. Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave.


Traido da Galipedia.

Samsung digital camera
Data
Orixe originally posted to Flickr as 1368-Igrexa de Santiago (Coruña)
Autoría Jose Luis Cernadas Iglesias
Licenza
(Reuso deste ficheiro)
A carga desta imaxe no Commons, publicada orixinalmente no Flickr, levouna a cabo Iesmgb2 o día 7 de xullo de 2010, 09:25 coa axuda do Flickr upload bot. Nesa data, o ficheiro estaba baixo a licenza indicada a continuación.
w:gl:Creative Commons
recoñecemento
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual7 de xullo de 2010 ás 09:25Miniatura da versión ás 09:25 do 7 de xullo de 20102.233 × 1.675 (1,55 MB)Flickr upload botUploaded from http://flickr.com/photo/38035878@N07/4690871206 using Flickr upload bot

Uso global do ficheiro

Metadatos