Ficheiro:1500-Torres do Oeste-Catoira (Pontevedra).jpg

Ficheiro orixinal(2.345 × 1.730 píxeles; tamaño do ficheiro: 2,08 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Descrición

As Torres do Oeste son un xacemento arqueolóxico composto polas ruinas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional.

Sitúase na confluenza do río Ulla e a ría de Arousa, no concello de Catoira, comarca de Caldas.

No lugar que ocupan as torres tense testemuñado acividade humana desde época castrexa, sabémolo polos restos de cerámica e útiles de bronce atopados.

A data da súa construción foi, durante moito tempo, motivo de longas discusións. Xa o autor romano Pomponio Mela menciona na súa obra a existencia na desembocadura do Ulla das;Turris Augusti

Capela románica e unha das torresPero tívose que esperar a que a mediados do século XX escavacións arqueolóxicas demostraron a existencia de restos romanos situados na cimentación das torres

No século X, por mor das numerosos ataques normandos remontando a ría, incluida a morte do bispo Sisnando defendendo a súa diocese fixo que os seus sucesores se esforzaran en reparar e mellorar as defensas da ría.

O 29 de outubro de 1024 o rei Afonso V o Nobre doa a Vistruario bispo de Iria, as torres. Cara ao ano 1040 o bispo Cresconio[2] ordeou importantes traballos de reformas.

Pola Historia Compostelana sabemos que os traballos de melloras e reformas continuaron baixo os mandatos dos sucesores de Cresconio: Diego Páez e Diego Xelmírez.

No século XII defínese a estrutura definitiva do castelo, quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos.

Posúe unha capela do século XII construída por Xelmírez e dedicada ó Apóstolo Santiago. A partir do século XV,a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano 1525 gran parte das construcións foron destruidas.

Na actualidade consérvanse en pe os alzados de dúas das torres e unha terceira moi arruinada. As torres son de planta cadrada e construidas con;perpiaño mediano; (coñecido como asturiano) e grandes perpiaños nos esquinais e nas xambas.

Cada verán, o primeiro domingo de agosto, os restos do Castellum Honesti reviven unha romaría viquinga que recrea a defensa do castelo frente a un ataque normando.

Tomado da Galipedia.
Data
Orixe originally posted to Flickr as 1500-Torres do Oeste-Catoira (Pontevedra)
Autoría Jose Luis Cernadas Iglesias
Licenza
(Reuso deste ficheiro)
A carga desta imaxe no Commons, publicada orixinalmente no Flickr, levouna a cabo Pauk o día 10 de setembro de 2010, 04:28 coa axuda do Flickr upload bot. Nesa data, o ficheiro estaba baixo a licenza indicada a continuación.
w:gl:Creative Commons
recoñecemento
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

7,4 milímetro

6191213277309e2a6e4cdeccb5150dd6a3e020bd

tamanho dos dados portugués

2.180.982 Byte

1.730 píxel

2.345 píxel

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual10 de setembro de 2010 ás 04:28Miniatura da versión ás 04:28 do 10 de setembro de 20102.345 × 1.730 (2,08 MB)Flickr upload botUploaded from http://flickr.com/photo/38035878@N07/4887041147 using Flickr upload bot

A seguinte páxina usa este ficheiro:

Uso global do ficheiro

Os seguintes wikis empregan esta imaxe:

Metadatos