O Fiat G.80 foi un adestrador militar a reacción desenvolvido en Italia nos anos 50, sendo o primeiro avión a reacción do país. Tratábase dun avión convencional monoplano de á baixa con tren de aterraxe en triciclo retractable e tomas de aire do motor nos laterais da fuselaxe. O piloto e o instrutor sentábanse en tándem.

Fiat G.80/G.82
Fiat G.80
Tipoadestrador
Deseñado porGiuseppe Gabrielli
Primeiro voo9 de decembro de 1951
Retirado1955
Unidades construídas2 prototipos + 3 Fiat G.80
2 prototipos + 4 Fiat G.82[1]

Deseño e desnvolvemento editar

Aos dous prototipos do G.80 seguíronlle tres unidades de preprodución, pero a Aeronautica Militare atopou que non encaixaban cos seus requirimentos e non mercou máis. Fiat desenvolveu unha versión máis refinada, bautizada como G.82, para entrar nunha competición da OTAN para seleccionar un adestrador a reacción stándar. Entre varios cambios, o G.82 contaba cunha fuselaxe máis longa, un motor Rolls-Royce Nene en vez do de Havilland Goblin do G.80, e tanques de combustible na punta das ás. Fabricáronse cinco unidades, pero cando se cancelou a competición e o G.82 non foi elixido nin pola OTAN nin pola Aeronautica Militare, o seu programa de desenvolvemento rematou. Os plans para versións especializadas, que incluían caza nocturno, recoñecemento, e apoio próximo, non se realizaron, así como o G.84 que estaría equipado cun motor Allison J35. Os G.82s foron usados durante uns poucos anos na escola de adestramento da Aeronautica Militare en Amendola antes de pasar a mans do Reparto Sperimentale Volo (Departamento de Voo Experimental) en 1957.

Variantes editar

  • G.80-1B - prototipo (dous fabricados).
  • G.80-3B - versión de preprodución (tres fabricados).
  • G.81 - versión de produción do G.80 (ningún fabricado).
  • G.82 - prototipos para competición da OTAN (dous prototipos e catro exemplares de produción fabricados)[1]
  • G.84 - versión con motor Allison J35 (ningún fabricado).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Aeronautica Militare (ed.). "Fiat G-80". Consultado o 13 de xuño de 2018.