Fevers and Mirrors

Fevers and Mirrors é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Bright Eyes, publicado o 29 de maio de 2000. Foi o 32º lanzamento do selo de Omaha, Nebraska Saddle Creek Records. Posteriormente foi publicado no Reino Unido como primeiro lanzamento do selo Wichita Recordings.[1]

Fevers and Mirrors
Álbum de Bright Eyes
Publicado29 de maio de 2000
Duración55:10
Xénero(s)indie rock, indie folk, emo
Selo(s)Saddle Creek Records
Producido porMike Mogis
Cronoloxía
Letting Off the Happiness Fevers and Mirrors Lifted or The Story is in the Soil, Keep Your Ear to the Ground

O álbum comeza coa gravación dun rapaz lendo Mitchell Is Moving, un libro de Marjorie Weinman Sharmat. "An Attempt to Tip the Scales" inclúe o que aparentemente é unha entrevista co líder da banda, Conor Oberst. Porén, Oberst admitiu que a entrevista foi un tipo de broma coa intención de burlarse do ton escuro do álbum. A voz de Conor é representada na entrevista por Todd Fink de The Faint e Commander Venus. O entrevistado é Matt Silcock, antigo membro de Lullaby for the Working Class.[2]

Fevers and Mirrors incluíuse no Vinyl Box Set de Bright Eyes editado en 2003.

Recepción da críticaEditar

A revista musical en liña Pitchfork situou a Fevers and Mirrors no número 170 da súa lista dos 200 mellores álbums dos anos 2000,[3] a pesar dunha puntuación inicial baixa de 5,4/10. En 2012, Ian Cohen de Pitchfork deulle á reedición do álbum unha puntuación de 9 sobre 10.[4]

Listaxe de canciónsEditar

N.º Título Duración
1. "A Spindle, a Darkness, a Fever, and a Necklace"   6:28
2. "A Scale, a Mirror and Those Indifferent Clocks"   2:44
3. "The Calendar Hung Itself..."   3:55
4. "Something Vague"   3:33
5. "The Movement of a Hand"   4:02
6. "Arienette"   3:45
7. "When the Curious Girl Realizes She Is Under Glass"   2:40
8. "Haligh, Haligh, a Lie, Haligh"   4:43
9. "The Center of the World"   4:43
10. "Sunrise, Sunset"   4:32
11. "An Attempt to Tip the Scales"   8:29
12. "A Song to Pass the Time"   5:30
55:10
Edición xaponesa / Lixtaxe do Vinyl Box Set
N.º Título Duración
1. "A Spindle, a Darkness, a Fever, and a Necklace"   6:28
2. "A Scale, a Mirror, and Those Indifferent Clocks"   2:44
3. "The Calendar Hung Itself..."   3:55
4. "Something Vague"   3:33
5. "The Joy in Discovery"   2:44
6. "The Movement of a Hand"   4:02
7. "Arienette"   3:45
8. "When the Curious Girl Realizes She Is Under Glass"   2:40
9. "Jetsabel Removes the Undesirables"   6:09
10. "Haligh, Haligh, a Lie, Haligh"   4:43
11. "The Center of the World"   4:43
12. "Sunrise, Sunset"   4:32
13. "An Attempt to Tip the Scales"   8:29
14. "A Song to Pass the Time"   5:30
63:57

NotasEditar

  1. "Yeah Yeah Yeahs, Bright Eyes Help Wichita Celebrate 10th Anniversary". Pitchfork. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  2. "Conor Oberst". KittyMagik.com. Archived from the original on 08 de xuño de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  3. "The 200 Best Albums of the 2000s - Page 2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-06. 
  4. "Bright Eyes: Fevers and Mirrors / There Is No Beginning to the Story EP". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-11-06.