Abrir o menú principal
Monumento ó "Carneiro ó Espeto" (xullo 2014)

A festa do carneiro ó espeto é unha festa gastronómica que se celebra en Moraña o último domingo do mes de xullo desde 1970. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

CaracterísticasEditar

A orixe da súa preparación remóntase á década de 1920, cando un morañés retornado da Arxentina, xunto cun mozo arxentino, comezaron a preparar comidas asando os carneiros ao estilo "campeiro" [Cómpre referencia], converténdose nunha tradición da zona co paso dos anos. En 1970 os responsables da festa da Xuventude decidiron crear unha festa gastronómica baseada no éxito do prato.

Celébrase na carballeira de Santa Lucía. Amais do carneiro, do que se chegan a preparar 150 lotes, degústanse tamén empanadas, pan, viño, cafés ou augardentes, reunindo na xuntanza unhas 3.000 persoas. Celébranse tamén unha serie de actos culturais e deportivos durante a semana previa ao xantar, como distintas actuacións musicais, a Festa da Bicicleta ou torneos de baloncesto tres contra tres ou de futbolín.