Festa das Mudaciós

A Festa das Mudaciós é unha festa que cada ano se celebra o segundo e o terceiro domingo do mes de maio e que consiste -como o seu nome indica- na mudanza e intercambio das imaxes da Virxe de Xuvencos e a Santa Sabela que se garda na capela de Aboborás -mellor que Boborás -, forma coa que os veciños denominan á capitalidade e ó Concello e que durante unha semana intercambian os seu puntos de domicilio. Cada catro anos bailanse nesta festa a Danza de Xuvencos.

Apuntar que atá o século XIX a Mudación facíase entre Xuvencos e Cameixa e por motivos descoñecidos deixouse de facer.