Festa da ameixa do Carril
A festa da ameixa é unha festa gastronómica que se celebra desde 1992 no Carril (Vilagarcía de Arousa) na segunda quincena de agosto.
Festa da ameixa do Carril | |
---|---|
Escultura de César Lombera á ameixa de Carril. | |
Tipo | festa gastronómica ![]() |
Localización | |
Localización | O Carril ![]() |
País | España ![]() |
Características | |
Conmemora | ameixa ![]() |
Patrimonio Cultural | |
Festas de Interese Turístico de Galicia | |
[ Wikidata ] |
Está organizada pola confraría de pescadores da parroquia para dar a coñecer a ameixa. Nos anos 2000 e 2001 non se celebrou pola falta deste molusco por mor das condicións climatolóxicas.
Nas últimas edicións servíronse unhas 5.000 racións (sobre 1.800 kg) de ameixa de tres especies: babosa (que é a autóctona), rubia e xaponesa, acompañada de viño albariño[1].
Notas
editar- ↑ Festa da Ameixa de Carril[Ligazón morta], na web O Salnés.