Ferrol, Filipinas

municipio de Filipinas na provincia de Romblón

Ferrol é un municipio da provincia de Romblon, nas Illas Filipinas. Consonte o censo de 2015, a súa poboación é de 6.964 habitantes.[1][2][3]

Modelo:Xeografía políticaFerrol, Filipinas
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°20′18″N 121°56′19″L / 12.33833, 121.93861Coordenadas: 12°20′18″N 121°56′19″L / 12.33833, 121.93861
EstadoFilipinas
RexiónMimaropa (pt) Traducir
Província das Filipinas (pt) TraducirRomblon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación8.005 (2020) Editar o valor em Wikidata (299,59 hab./km²)
Número de fogares1.999 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadaOnhan (en) Traducir
lingua tagala Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie26,72 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude31 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Looc (pt) Traducir
Odiongan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1850 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal5506 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico42 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A cidade filipina de Ferrol fundouse en 1850, daquela como un barrio do municipio de Odiongan, na época colonial española. Os españois descubriron ese lugar a uns 10 quilómetros ao suroeste logo dunha persecución a unha expedición de piratas musulmáns que atacaran Odiongan, e bautizaron o lugar ao observaren a súa semellanza coa baía de Ferrol, en Galicia.[3]

En 1978, co fin de consolidar os barrios de Odiongan de fala onhan nun municipio propio, o congresista Nemesio Ganan Jr. elaborou un proxecto de lei presentado no Congreso de Filipinas a partir do cal se constituíu o municipio de Ferrol, que abrangue tamén os barrios de Agnocnoc, Bunsoran, Hinagoman, Tubigon e Claro M. Recto. O 11 de xuño de 1978, Ferrol constituíuse oficialmente no municipio número 16 da provincia de Romblon, en virtude do Decreto presidencial 1.492, asinado polo presidente Ferdinand Marcos.[4]

Xeografía editar

Ferrol sitúase na illa Tablas. Limita ao norte con Odiongan, ao oeste co estreito de Tablas, ao leste con Santa María e ao sur con Looc. Ten unha superficie de 26,72 km2.[3]

Barrios (barangays) editar

Ferrol está dividido administrativamente en seis barrios ou barangays: Agnonoc (614 habitantes), Bunsoran (894), Claro M. Recto (660), Poblacion (1.852), Hinaguman (1.125) e Tubigon (1.819).[1][3][5]

Clima editar

Datos climáticos de Ferrol
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 28 29 30 31 31 30 29 29 29 29 29 28 29
Temperatura mínima media (°C) 21 21 22 23 25 25 25 25 25 24 23 22 23
Precipitación total (mm) 31 20 25 39 152 269 314 285 303 208 95 70 1,811
Días de chuvia 9,5 7,1 9,0 11,3 21,0 25,7 28,1 26,5 27,3 24,6 16,5 12,1 218,7
Fonte: Meteoblue.[6]

Demografía editar

 
Situación de Ferrol na provincia de Romblon.

Consonte o censo de 2015, a súa poboación é de 6.964 persoas.[3] A lingua onhan, xunto co tagalo, o hiligaynon e o inglés, son as linguas habitualmente usadas nos negocios e no comercio.

Evolución da poboación en Ferrol
Ano Poboación ± % p.a.
1980 4.840 —    
1990 5.621 + 1,51 %
1995 5.772 + 0,50 %
2000 5.924 + 0,56 %
2007 6.395 + 1,06 %
2010 6.802 + 2,27 %
2015 6.964 + 0,45 %
Fonte: Philippine Statistics Authority[1][3]   [7]

Goberno local editar

Jovencio "Jun" Mayor, Jr. e Antonio Compas, do PDP-Laban, son o alcalde e o vicealcalde de Ferrol desde o 30 de xuño de 2019.[3][8]

Economía editar

Ferrol ten o maior nivel de produción vexetal da provincia de Romblon. A gandaría e a produción de arroz tamén están presentes nas zonas costeiras, principalmente destinadas ao consumo doméstico e cultivadas a pequena escala. Outras das actividades económicas son o cultivo de copra e a piscicultura, a pequena industria, o comercio retallista e o turismo.

A cooperativa Tablas Island Electric subminístralle electricidade ao 41,78 % de Ferrol. Canto ás comunicacións, na zona de Ferrol están dispoñibles os servizos de telefonía fixa e móbil de PLDT, Smart e Globe.

A cidade está conectada con Odiongan e con outros municipios próximos pola estrada de circunvalación de Tablas. Os jeepneys e os triciclos son unha forma habitual de desprazamento por estrada. Pola súa banda, o porto de Barangay Agnocnoc é utilizado tanto para a actividade pesqueira como para os desprazamentos entre as illas da provincia.

Turismo editar

 
Praia de Binucot, en Ferrol

Entre as praias próximas a Ferrol destacan as de Binucot, Atabay e Guin-awayan. Outro atractivo turístico son as covas de Mabaho e de Burobintana.

Pódese acceder á cidade en barco a través de Odiongan desde as localidades de Batangas e desde Roxas, en Mindoro Oriental. Tamén se pode acceder a través do aeroporto de Tugdan, da cidade de Alcantara, onde a compañía Cebu Pacific opera con voos desde Manila catro veces por semana.[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ferrol. Province of Romblon". PhilAtlas.com
  2. "Ferrol, Romblon Arquivado 02 de novembro de 2020 en Wayback Machine.". Department of Interior and Local Government (DILG).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Census of Population 2015. Region IV-B (Mimaropa) Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine.". Total Population by Province, City, Municipality and Barangay.
  4. "Presidential Decree 1492. Creating the Municipality of Ferrol". Presidential Decrees.
  5. "Municipality of FERROL". Philippine Statistics Authority.
  6. "Ferrol: Average Temperatures and Rainfall". Meteoblue.
  7. "2010 Census of Population and Housing". Bureau of Census and Statistics.
  8. "Halalan 2019 Philippine Election Results Arquivado 29 de xuño de 2019 en Wayback Machine.". ABS-CBN News.
  9. "Cebu Pacific adds Masbate, Tablas to route network". Retail News Asia.