Abrir o menú principal

A Ferreirúa, A Pobra do Brollón

parroquia do concello da Pobra do Brollón
(Redirixido desde "Ferreirúa")

Coordenadas: 42°35′50.6″N 7°23′11.7″O / 42.597389, -7.386583

A Ferreirúa
ConcelloA Pobra do Brollón
Área12,52 km²
Poboación125 hab. (2017)
Densidade9,98 hab./km²
Entidades de poboación7

San Martiño da Ferreirúa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 184 habitantes (93 homes e 91 mulleres) agrupados en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 14,7 hab./km². En 1991 tiña 322 habitantes.

Limita coas parroquias de Canedo ao noroeste, Óutara ao norte, San Pedro do Incio ao nordés, Ferreiros ao leste e sur, e Freituxe, Piño e Veiga ao oeste.

Nela está o pico da Mioteira, de 871 m de altitude.

HistoriaEditar

A parroquia da Ferreirúa parece configurarse ao redor dun primitivo castro. É coñecido o de Leboreiro (lugar de lebres). Existe tamén Castrobón (lugar bo). Asentamentos dunha primitiva comunidade indíxena, convivindo, posteriormente, coa invasión celta da cal hai testemuños; un lugar chamado A Mámoa, situado no centro da parroquia.

Sobre os séculos III ou IV establécese unha capela, do mesmo xeito que entre outros moitos lugares, por un gran propietario laico, probablemente como fundación de santuario propio. Conservando certos dereitos transformouse en igrexa, con persoas encargadas dela.

Pertenza ó Mosteiro de SamosEditar

En agosto de 1074, a raíña Urraca, en cumprimento da vontade da súa irmá, Ximena, doa, "post mortem", ao mosteiro de Samos a metade da vila de Ferreirúa, sendo abade Fromarigo. Xunto ao "aula" San Martín, "subtus mons acuto".

Construción da casa GrandeEditar

Aparece fundada en 1466 a Casa Grande de Marcón por Juan Díaz e o seu fillo Pedro Díaz de Zuloaga. O primeiro edificou tamén as "ferrerías" de Loureiro e Valdomir situadas en Samos e Folgoso do Courel respectivamente. Sen dúbida ningunha, o ferro e o seu minería, extracción e fundición, sendo un metal indispensable, era obxecto de cobiza.

Respostas xerais da freguesíaEditar

O Catastro de Ensenada datado o 31 de decembro de 1752 contén as Respostas Xerais da freguesía de San Martín de Ferreirúa. Cítanse como fregueses: Alberto Pérez, como home bo, Caetano Carballo, como experto do común, José Matilla e Torrexón, párroco. Figura como xurisdición da Pobra do Brollón.

No antigo Réxime figuraba a Ferreirúa na xurisdición de Brollón e no Señorío do Conde de Lemos.

Incluída no concelloEditar

Pola división municipal do R.D. de 23 de xullo de 1835 queda inscrita no concello da Pobra do Brollón ata a actualidade, aínda que a través de sucesivas demarcacións municipais.

En 1905 conéctase por estrada coa capital do municipio, A Pobra do Brollón. En 1933 constrúese a estrada dirección Ferreiros ata o cemiterio, desde a anterior. Enlázase con Marcón e Monteagudo en 1967.

Patrimonio artístico, cultural e naturalEditar

  • Igrexa de San Martiño da Ferreirúa, trátase dun edificio rectangular con muros de cachotaría. Foi reconstruída no século XIX. No interior posúe retablo do século XVII, e esculturas da mesma época de San Roque, San Bieito, San Ramón, San Sebastián, San Xoaquín, Santa Ana, San Antón de Padua, Santa Bárbara e Inmaculada. Retablo dereito cas imaxes da Virxe dos Remedios (s. XVII) e San Xudas. Retablo esquerdo coa Virxe do Rosario, San Antón e ó Sagrado Corazón de Xesús. As súas campás son do 1878, a pequena, e do 1905, a grande. Ten escaleiras exteriores en forma de caracol para subir ao campanario.
  • Igrexa de Santa Eufemia de Pacios de Veiga, do ano 1710, situada no lugar de Pacios de Veiga. Posúe unha escultura de pedra de Santa Eufemia, de 80 quilos de peso.
  • Casa Grande de Marcón, fundada en 1466 por Juan Díaz e o seu fillo Pedro Díaz de Zuloaga. Portada de 1818 con dous cubos cilíndricos e frontón recto, escaleiras, capela, pisos e os enlucidos do tramo norte, así como os pisos da parte do centro e da torre. Actualmente está dividido entre as relixiosas "Obreras de Jesús" e os señores de Parada. Procede da casa da familia Gil Robles. No portalón do patio, imaxe de San Martín, do século XVII.
  • Colexio Cristo Rei, ocupa parte da Casa Grande do Marcón. É unha institución das irmás Obreras de Jesús.
  • Casa da Torre, tres plantas de forma cuadrangular. Ponte de muro arqueado con tres ollos sobre olas, unha ave picoteando sobre unha rama e nunha punta, dous cuadrúpedes afrontados.
  • Área Recreativa As Veigas, ó pé do monte da Mioteira (878 m) na pista forestal que va a Monteagudo.
  • Muíño da Corredoira

FestividadesEditar

Festas parroquiaisEditar

  • Festas de San Antón: na honra a San Antón. A fin de semana seguinte á Pascua. Son as principais festas da parroquia.
  • Festas dos Remedios: na honra á Virxe dos Remedios. Celébranse o 8 de setembro.
  • Festas de San Froilán: na honra a San Froilán Celébranse o primeiro domingo de outubro, en Pacios de Veiga.
  • Festa das Tortillas: na area recreativa da Ferreirúa o segundo sábado de agosoto.

Maratón da FerreirúaEditar

Celébrase o primeiro domingo de maio.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar