Fernando Vega

futbolista español

Fernando Vega Torres, nado o 3 de xullo de 1984 en Arahal (Sevilla, Andalucía), é un futbolista profesional español da canteira do Sevilla que xoga como lateral esquerdo.

Fernando Vega
Información persoal
Nome Fernando Vega Torres
Nacemento 3 de xullo de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Arahal
Altura 1,77 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Sen equipo
Carreira xuvenil
1998–2003 Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2005 Sevilla B 71 (0)
2005–2006 Lorca 39 (0)
2006–2011 Betis 115 (2)
2012–2015 Recreativo 77 (4)
2015–2016 Lugo 5 (0)
Selección nacional
2002 España sub-20 3 (0)
2004 España sub-21 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 9 de xuño de 2016editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Arahal, na provincia de Sevilla, Fernando Vega comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Sevilla FC, onde chegou a xogar dúas temporadas completas co segundo equipo na Segunda División B. No ano 2005 da o salto de categoría e asina polo Lorca da Segunda División, onde destaca, chegando a xogar 39 partidos. A súa boa temporada fai que o Real Betis da Primeira División se fixe nel, asinando polo conxunto sevillano como libre en xullo de 2006. O seu debut en Primeira sería o 26 de agosto, nun partido ante o Valencia CF no Estadio de Mestalla que se saldaría cunha derrota por 2-1. Pouco a pouco faríase coa titularidade no equipo "verdiblanco" por diante do xa veterano internacional Enrique Romero. Debido a súa popularidade chegouse a formar unha peña bética co seu nome.

A pesar de renovar o seu contrato co equipo sevillano até xuño de 2014, tras xogar tan só seis encontros na temporada 2010–11 o xogador decide rescindir o seu contrato en xaneiro de 2012. Despois dunha infrutuosa tentativa de fichaxe polo Portsmouth inglés, asina polo Recreativo de Huelva[1] equipo Segunda División que procuraba a súa volta a Primeira. Tras o descenso do seu equipo na temporada 2014-15, o 31 de agosto de 2015 asina polo Club Deportivo Lugo.

Clubs editar

Club Categoría Ano PX Goles
Sevilla B Segunda B 2002–2003 2 0
Sevilla B Segunda B 2003–2004 33 0
Sevilla B Segunda B 2004–2005 36 0
Lorca Segunda 2005–2006 39 0
Betis Primeira 2006–2007 17 0
Betis Primeira 2007–2008 31 0
Betis Primeira 2008–2009 31 0
Betis Segunda 2009–2010 30 2
Betis Segunda 2010–2011 6 0
Recreativo Segunda 2012 8 0
Recreativo Segunda 2012–2013 24 2
Recreativo Segunda 2013–2014 29 2
Recreativo Segunda 2014–2015 16 0
Lugo Segunda 2015–2016

Notas editar

  1. "Fernando Vega refuerza la defensa del Decano". Marca. 4 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar