Fernando Fernández-Savater Martín, nado en Donostia o 21 de xuño de 1947, é un filósofo e escritor español.

Fernando Savater
Nome completoFernando Savater
Nacemento21 de xuño de 1947
Lugar de nacementoDonostia
NacionalidadeEspaña
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónprofesor de filosofía, escritor, activista, filósofo e político
FillosAmador Fernández-Savater
Coñecido porÉtica para o meu fillo e sen etiquetar
PremiosDr. J.P. van Praag-prijs, premio Mariano de Cavia, Premio Juan Mari Arzak, Premio Planeta, Premio Francisco Cerecedo, Ortega y Gasset Awards, Premio Sakharov, honorary doctorate of the University of Alcala e Premio Nacional de Ensaio en España
Na rede
http://www.fernandosavater.com/
Bitraga: 807 Dialnet: 40484
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Novelista, tradutor e autor dramático, destaca no campo do ensaio e o artigo xornalístico. Fillo dun notario de Donostia, foi desde neno un voraz lector, sobre todo de literatura popular e historietas, gusto que nunca perdeu e ó que dedicou frecuentemente ensaios. Sentiu tamén afección polo teatro e estivo nalgúns grupos de afeccionados. Estudou Filosofía na Universidade Complutense de Madrid, onde a súa familia se trasladou desde San Sebastián. Traballou como profesor axudante nas facultades de Ciencias Políticas e de Filosofía da Universidade Autónoma de Madrid, de onde foi apartado da docencia en 1971 por razóns políticas, e tamén foi profesor de Ética e Socioloxía da UNED. Foi catedrático de Ética na Universidade do País Vasco durante máis dunha década. Actualmente é catedrático de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Colaborador habitual do xornal El País desde a súa fundación, é codirector xunto a Javier Pradera da revista Claves para la Razón Práctica.

Formou parte de varias agrupacións comprometidas coa paz e en contra do terrorismo no País Vasco, como o Movimiento por la Paz y la No Violencia, o Foro de Ermua, e actualmente de ¡Basta ya!, asociación que recibiu do Parlamento Europeo o Premio Sakharov á defensa dos dereitos humanos. Tamén pertence ó partido político Unión Progreso e Democracia.

Obra editar

A súa obra, composta por máis de 45 libros e innumerables artigos xornalísticos, foi traducida ao inglés, francés, sueco, italiano, portugués, alemán, xaponés e danés. Obtivo o Premio Nacional de Ensaio en 1982, o X premio Anagrama de ensaio, o premio de ensaio "Mundo", o Premio Francisco Cerecedo de xornalismo e foi finalista do Premio Planeta coa súa novela epistolar El jardín de las dudas, sobre un dos seus autores preferidos, Voltaire. De pensamento nos seus inicios afín ó de Friedrich Nietzsche (Panfleto contra el todo), débeselle por outra banda a tradución e divulgación no mundo hispánico da obra dun dos pensadores máis notables do nihilismo contemporáneo, Émile Michel Cioran.

Destaca polo seu interese en achegar a filosofía ós mozos, con obras como Ética para o meu fillo, un dos libros máis lidos de filosofía, Política para Amador ou Las preguntas de la vida; tamén defende a cultura popular por expresar a vitalidade xuvenil, desde as novelas de aventuras, os contos fantásticos, e os relatos de terror ó cómic e os xogos de rol.

Pensamento e estilo editar

Savater é un autor prolífico, que se define como un "filósofo de compañía", ó estilo dos philosophes franceses, non como un Filósofo académico e con maiúscula.

Confésase influído por Nietzsche, Cioran e Spinoza, entre outros. Nos setenta consideróuselle durante moito tempo discípulo de Agustín García Calvo, pero a partir de 1981 os seus camiños sepáranse ostensiblemente. A filosofía de Savater é ilustrada e vitalista; o seu estilo, polémico e iconoclasta; as súas opinións a miúdo con frecuencia navegan contra corrente.

Seguindo a Spinoza, propugna unha ética do querer en contraposición a unha ética do deber. Os seres humanos buscan de xeito natural a súa propia felicidade e a Ética axuda a clarificar esta vontade e mostrar as formas da súa realización. Xa que logo, a Ética non debe xulgar as accións por criterios abstractos e alleos á felicidade propia.

A súa filosofía política evolucionou desde o pensamento negativo libertario, antiprogresista, que mantivo nos setenta ó individualismo democrático, socialdemócrata, liberal e universalista da súa etapa posterior. O punto de inflexión do Savater novo ó maduro pode situarse en La tarea del heroe (1981), onde escribe: "fun un revolucionario sen ira; espero ser un conservador sen vileza". Tamén reflexionou sobre o papel das relixións nas sociedades democráticas actuais, propugnando un modelo de sociedade laica no seu sentido máis amplo, que axude a afrontar non só as formulacións teocráticos, «senón tamén os sectarismos identitarios de etnicismos, nacionalismos e calquera outro que pretenda someter os dereitos da cidadanía abstracta e igualitaria a un determinismo segregacionista».

Desde coordenadas primeiro libertarias e logo liberais, opúxose sempre ó nacionalismo en xeral: «O nacionalismo en xeral é imbecilizador, aínda que os hai leves e graves, os do seareiro do alirón e o que pon o coitelo na boca para matar. Hai xente sen coñecementos históricos, o nacionalismo aparva e algúns son virulentos. Afortunadamente en Cataluña a situación é diferente á do País Vasco, aínda que esa minoría é unha alarma que nos di que algo hai que facer. O nacionalismo é unha inflamación da nación igual que a apendicite é unha inflamación do apéndice

No terreo dos feitos, oponse a aqueles partidos que fan da exaltación patriótica o seu aceno principal de identidade. A súa evolución ideolóxica queda evidenciada pola polémica que mantivo co tamén filósofo vasco Javier Sádaba, con quen escribiu nos oitenta o libro titulado Euskadi: pensar el conflicto (Edic Libertarias, 1987) á vez que apoiaba coa súa sinatura a legalización de Herri Batasuna ata as posturas, por el mesmo definidas como antinacionalistas, que lle levaron a converterse nun dos referentes dun sector dos cidadáns de País Vasco opostos ó nacionalismo vasco, movemento ó que Savater considera excluínte, do século XIX e compracente co terrorismo etarra. Defínese como belixerante contra o nacionalismo vasco, e nin sequera vasquista, postura que cualifica de "amable bobada", aínda que sen renunciar á súa condición de vasco.

Na actualidade é un activo colaborador da asociación Ciudadanos de Cataluña.

Savater, defensor da Constitución Española, do estatuto de Gernika e da unidade do Estado (non como dogmas indiscutibles senón como opcións mellores que as que propón os seus adversarios), expresou en numerosas ocasións a súa oposición a todo tipo de nacionalismos, e o seu desexo de superalos en beneficio dun ideal de humanidade universal compartida, e traducido nun organismo gobernamental con autoridade mundial sobre os gobernos dos estados nacionais, e que servise para resolver as disputas e realizar os labores administrativos de utilidade común.

O estilo agudo, incisivo, e irónico de Savater apréciase de xeito máis evidente nos seus artigos xornalísticos, o xénero que máis lle gusta escribir.

Solicitou o boicot ás eleccións vascas de 2007 porque "non son limpas" nin "son realmente unhas eleccións democráticas" debido a ETA.[1]

Nos últimos meses colaborou activamente coa Plataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novo partido político de carácter nacional máis aló da tradicional parcelación política esquerdas-dereitas [1] xunto a coñecidos personaxes da vida pública como Rosa Díez, co fin de presentarse como alternativa aos dous partidos nacionais maioritarios en España PP e PSOE nas próximas eleccións xerais. Este partido creouse en setembro de 2007 co nome de Unión, Progreso y Democracia, sendo Fernando Savater, xunto con Rosa Díez, Albert Boadella e Mario Vargas Llosa, unha das persoas que interviñeron na súa presentación.

Críticas editar

As súas opinións críticas sobre todo en relación ó nacionalismo vasco situaron a Savater no medio de frecuentes polémicas. Estivo ameazado de morte pola organización terrorista ETA e viviu protexido por escolta. No plano intelectual, acotío foi atacado en España polos nacionalistas periféricos, especialmente polos vascos, que o acusan de ser nacionalista do bando contrario, españolista e centralista.

Tamén foi criticado puntualmente polo Foro de Ermua, organización na que participou activamente, pola súa postura inicialmente favorable ó Goberno na súa iniciativa de dialogar con ETA, posición que máis adiante modificou. Tamén lle supuxo críticas a súa postura favorable ó laicismo e á liberdade de decisión individual en temas coma o aborto e a eutanasia.

Obras editar

  • Nihilismo y acción (1970)
  • La filosofía tachada (1970)
  • Apología del sofista y otros sofismas (1973)
  • Ensayo sobre Cioran (1974)
  • Escritos politeístas (1975)
  • De los dioses y del mundo (1975)
  • La infancia recuperada (1976)
  • La filosofía como anhelo de la revolución (1976)
  • Apóstatas razonables (1976)
  • Para la anarquía y otros enfrentamientos (1977)
  • La piedad apasionada (1977)
  • Panfleto contra el Todo (1978)
  • Nietzsche y su obra (1979)
  • El estado y sus criaturas (1979)
  • Criaturas del aire (1979)
  • Caronte aguarda (1981)
  • La tarea del héroe (1981; Premio Nacional de Ensaio).
  • Impertinencias y desafíos (1981)
  • Invitación a la ética (1982)
  • Sobre vivir (1983)
  • Las razones del antimilitarismo y otras razones (1984)
  • El contenido de la felicidad (1986)
  • Euskadi: pensar el conflicto (1987; coescrito con Javier Sádaba)
  • Ética como amor propio (1988)
  • Último desembarco. El vente de Sinapia (1988)
  • Humanismo impenitente (1990)
  • La escuela de Platón (1991)
  • Ética para o meu fillo (1991; traducido tamén ao catalán e o portugués)
  • El valor de educar (1991).
  • Política para Amador (1992)
  • Sin contemplaciones (1993)
  • El jardín de las dudas (1993)
  • El contenido de la felicidad (1994)
  • Semearentzako Etika (1996)
  • La voluntad disculpada (1996)
  • El juego de los caballos (1996; segunda edición)
  • Malos y malditos (1997)
  • Despierta y lee (1998)
  • Loor a leer (Crisolín) (1998).
  • La filosofía como anhelo de la revolución (1998; segunda edición)
  • Diccionario filosófico (1999)
  • Las preguntas de la vida (1999)
  • La aventura africana (1999)
  • Idea de Nietzsche (2000)
  • Pour l'education (2000)
  • A rienda suelta (2000)
  • Perdonen las molestias: Crónica de una batalla sin armas contra las armas (2001)
  • A caballo entre milenios (2001)
  • Caronte aguarda (2001)
  • El dialecto de la vida (2002)
  • Pensamientos arriesgados (2002)
  • El contenido de la felicidad (2002)
  • Palabras cruzadas: Una invitación a la filosofía (2003)
  • Mira por dónde. Autobiografía razonada (2003)
  • Las preguntas de la vida (2003)
  • Los caminos para la libertad: Ética y educación (2003)
  • El gran fraude: sobre terrorismo, nacionalismo y ¿progresismo? (2004)
  • Los diez mandamientos en el siglo XXI (2004)
  • La libertad como destino (2004)
  • El valor de elegir (2004; traducido ao catalán)
  • Criaturas del aire (2004)
  • El gran laberinto (2005)
  • Los siete pecados capitales (2005)
  • Jorge Luis Borges
  • Contra las patrias
  • Ética y ciudadanía
  • Episodios pasionales
  • Enseñando a vivir
  • La vida eterna (2007)[2]

Notas editar

  1. "Savater aboga por "boicotear" los comicios en Euskadi y suspender el Parlamento hasta la entrega de armas". www.lavanguardia.com. 06-04-2007. Consultado o 19-12-2018. 
  2. "La vida eterna (Fernando Savater)". factorhumano.wordpress.com. 04-04-2007. Consultado o 19-12-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar