Fernando Saco
Enxeñeiro, matemático, profesor e escritor galego
J. Fernando Saco Pérez, nado no Saviñao en 1959, é un enxeñeiro, matemático, profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 ![]() O Saviñao, España ![]() |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia Universidade Politécnica de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemático, enxeñeiro, escritor, docente ![]() |
Traxectoria
editarEnxeñeiro civil pola Universidade Politécnica de Madrid e licenciado en Matemáticas, especialidade de Estatística e Investigación Operativa, pola UNED.
Exerceu de enxeñeiro no Metro de Caracas, entre 1982 e 1983. Desde 1985 foi profesor de Matemáticas no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui.[1] Presidiu o Comité Organizador do IV Congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencias de Galicia) en 1991.[2]
Obra
editar- Os irmáns Saco ou a loita galeguista baixo o franquismo (2006). Caballo de Troya, Col. O fardel da memoria. 144 páxs. ISBN 978-84-8341-042-4.
- As matemáticas máis sorprendentes (2024). Vigo: Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-1110-495-1. ePub: ISBN 978-84-1110-496-8. Os resultados matemáticos que chocan coas nosas ideas intuitivas previas e que nos producen sorpresa, admiración e asombro.[3]
Notas
editar- ↑ "Ent. Fernando Saco, profesor IES Indalecio Pérez Tizón - Programa de inmersión lingüística - Día a Día - Podcast en iVoox". iVoox. Consultado o 2024-01-21.
- ↑ "Fernando Saco - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-21.
- ↑ "As matemáticas máis sorprendentes - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-21.