Fernando Rodríguez Méndez

xornalista e escritor galego

Fernando Rodríguez Méndez, coñecido tamén como Fernando Méndez, nado en Celanova o 11 de marzo de 1964, é un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaFernando Rodríguez Méndez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioFernando Méndez Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeM. José Novo

Traxectoria editar

Traballou nos ámbitos da comunicación xudicial, sanitaria e empresarial. Ten un mestrado en Drogodependencias e SIDA, e está especializado en comunicación de organizacións, xestión e estratexias da comunicación. Como xornalista exerceu nos periódicos Faro de Vigo e La Región amais de na Televisión de Galicia.[1] Colaborou así mesmo con outros medios de comunicación como El Observador, Cambio 16, Interviú, Radio Minuto, a revista Tiempo e RNE.[2]

Foi xefe de prensa da Consellaría de Agricultura da Xunta de Galicia, director de Comunicación de Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia), asesor de Comunicación na Deputación de Ourense.[Cómpre referencia] e director da Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

Obra en galego editar

Ensaio editar

Narrativa editar

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Metílico, 50 años envenenados (2013, Sotelo Blanco).[3] ISBN 978-84-782-4629-8.
  • Mil muertos de un trago: el caso de bebidas envenenadas con alcohol metílico (1998, Península).[3] ISBN 978-84-830-7096-3.

Narrativa editar

Obras colectivas editar

  • La noche y los guerreros de fuego. Obra colectiva. Premio Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011).

Galardóns e recoñecementos editar

  • Premio Nacional Raíña Sofía de Xornalismo sobre Drogas (1992 e 1993).
  • Premio Xunta de Galicia de Xornalismo en Drogodependencias (1990, 1991 e 1995).
  • Premio Nacional de Xornalismo Julio Camba de reportaxes (1991).
  • Finalista do Premio de investigación xornalística "Rodolfo Walsh" (1999).
  • Segundo premio Hebe Plumier de relatos (2010).
  • Premio Vicente Risco de Creación Literaria (2010) coa súa primeira novela Deus xogando aos dados.[4]
  • Premio Literario Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011).
  • Finalista do IV Premio de Novela Qué Leer - Volkswagen (2011).
  • Finalista do XX Premio Edebé de Literatura Xuvenil (2012).
  • Finalista do Premio da Asociación Galega de Editores á mellor novela, pola súa obra “Deus xogando aos dados” (2012).
  • Finalista do XXXII Premio Felipe Trigo de Novela (2012).
  • Premio internacional de xornalismo de investigación Ana María Agüero Melnyczuk pola súa obra "El Caso Metílico" (Arxentina, 2013).
  • VI Premio de Novela "Ciudad de Almería" (2014) pola súa obra Nunca guardes las cosas rotas.
  • Premio “Ramón Puga”, Radio Ourense Cadena Ser, á mellor novela pola obra Cuatro esquinitas tiene mi cama (2014).

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar