Fernando Merino Villarino
Fernando Merino Villarino, nado en 1860 en León, e finado o 1 de xullo de 1929[1] na mesma cidade, foi un avogado e político español, ministro de Gobernación durante o reinado de Afonso XIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1869 León, España |
Morte | 1 de xullo de 1929 (59/60 anos) León, España |
Deputado das Cortes | |
1923 – 1923 Circunscrición electoral: León (pt) | |
Deputado das Cortes | |
1918 – 1923 Circunscrición electoral: La Vecilla (pt) | |
Gobernador civil da provincia de Madrid | |
decembro de 1915 – marzo de 1916 ← Eduardo Sanz y Escartín (pt) – Alexandre Rosselló i Pastors (en) → | |
Deputado das Cortes | |
1914 – 1918 Circunscrición electoral: Riaño (pt) | |
Ministro de Gobernación | |
febreiro de 1910 – xaneiro de 1911 ← Segismundo Moret – Demetrio Alonso Castrillo (pt) → | |
Gobernador do Banco de España | |
outubro de 1909 – febreiro de 1910 ← Antonio García Alix – Tirso Rodrigáñez y Sagasta → | |
Gobernador do Banco de España | |
xuño de 1906 – xaneiro de 1907 ← Trinitario Ruiz Capdepón (pt) – José Sánchez Guerra → | |
Deputado das Cortes | |
1891 – 1914 Circunscrición electoral: La Vecilla (pt) | |
Deputado das Cortes | |
Circunscrición electoral: León (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal Fusionista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Parentes | Práxedes Mateo Sagasta (sogro) |
Ostentou o título nobiliario de I conde de Sagasta.
Traxectoria
editarFarmacéutico de profesión, rexentou unha farmacia no centro de León;[2] posteriormente deu o paso á industria como Presidente da Sociedade Leonesa de produtos químicos,[3] e como vicepresidente da empresa Hullera de Riosa.[4]
Vida política
editarRecibiu de seu pai, Dámaso Merino, a xefatura dos liberais en León. Casou con Esperanza Mateo Sagasta Vidal, a filla máis vella de Sagasta, o líder do partido liberal. Ostentou o Título de I Conde de Sagasta, obtido pola súa esposa o 7 de xaneiro de 1904.
Co Partido Liberal concorreu ás sucesivas eleccións celebradas entre 1891 e 1923, obtendo acta de deputado no Congreso pola circunscrición de León, distrito de La Vecilla-Riaño, onde permaneceu como intocable tras conseguir vencer, de xeito sorpresivo, aun político conservador experimentado como Antonio Molleda. En 1895, o goberno desdobraría o distrito entre La Vecilla, que quedou adxudicado a Fernando Merino e o de Riaño que sería ocupado por Antonio Molleda.[5]
Mais, a partir das eleccións do 1 de xuño de 1919, até as de abril de 1923, presentouse no mesmo distrito e circunscrición polos demócratas.[1]
Cargos
editarDesempeñou o cargo de gobernador do Banco de España en dúas ocasións: de xuño de 1906 a xaneiro de 1907, e entre 1909 e 1910.[6][7]
Exerceu de ministro de Gobernación entre o 9 de febreiro de 1910 e o 2 de xaneiro de 1911 nun gabinete que presidiu Canalejas.
Así mesmo, foi gobernador civil de Madrid entre decembro de 1915 e marzo de 1916.[8][9] Tamén foi presidente do Consello de Estado no momento da Ditadura de Primo de Rivera.[2]
Predecesor: Trinitario Ruiz Capdepón |
Gobernador do Banco de España xuño 1906 - xaneiro 1907 |
Sucesor: José Sánchez Guerra |
Predecesor: Antonio García Alix |
Gobernador do Banco de España outubro 1909 - febreiro 1910 |
Sucesor: Tirso Rodrigáñez y Sagasta |
Predecesor: Segismundo Moret |
Ministro de Gobernación 9 de febreiro de 1910 - 2 de xaneiro de 1911 |
Sucesor: Demetrio Alonso Castrillo |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Merino Villarino, Fernando". congreso.es (en castelán). Consultado o 1-8-2019.
- ↑ 2,0 2,1 "El diputado Fernando Merino". saber.es/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24-09-2015. Consultado o 1-8-2019.
- ↑ Colección legislativa de España ...: Parte 1. Legislación y disposiciones de la administración central (en castelán) 4. 1904. p. 126.
- ↑ Tascón Fernández, Luis Julio; Ojeda Gutiérrez, Germán Antonio (2000). "Inocencio Fernández Martínez (1851-1918)" (PDF). Repositorio institucional Univrsidad Oviedo. p. 17. Consultado o 1-8-2019.
- ↑ De Lucas (2000), p. 192
- ↑ España: "Real decreto admitiendo la dimisión que del cargo de Gobernador del Banco de España ha presentado D. Fernando Merino Villarino" (pdf).
- ↑ España: "Reales decretos aceptando la dimisión que del cargo de Gobernador del Banco de España ha presentado D. Trinitario Ruiz Capdepón, y nombrando para dicho cargo á D. Fernando Merino Villarino" (pdf).
- ↑ España: "Real decreto nombrando Gobernador civil de Madrid a D. Fernando Merino Villarino, Conde de Sagasta, ex Ministro de la Corona" (pdf).
- ↑ España: "Real decreto admitiendo la dimisión del cargo de Gobernador civil de la provincia de Madrid a don Fernando Merino Villarino, Conde de Sagasta" (pdf).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Merino Villarino |
Bibliografía
editar- De Lucas del Ser, Carmelo (2000). "Cultura política y movilización electoral en León durante la Restauración. La elección de diputados a Cortes de 1891". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (en castelán) (Universidad de Valladolid) (20): 183–204. ISSN 0210-9425.