Fernando López-Acuña

musicólogo galego
(Redirección desde «Fernando López-Acuña López»)

Fernando López-Acuña López, nado en Lugo o 22 de febreiro de 1949,[1] é un musicólogo galego.

Infotaula de personaFernando López-Acuña

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalFernando López-Acuña López
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Actividade
Ocupaciónmusicólogo

Dialnet: 1942053

Traxectoria editar

Estudou no Colexio Fingoi, onde foi alumno de Ricardo Carvalho Calero.[2] Tras gañar unhas oposicións, traballou, até a súa xubilación, no Banco Pastor, na Coruña.

Desde o 17 de novembro de 2001 é membro correspondente da Real Academia Galega,[3] na que é membro da súa Comisión de Historia.[4] É membro da Irmandade da Música Galega, e autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas literarios e culturais. Sobre o Himno Galego e a figura e obra de Pascual Veiga,[5] colaborou en numerosas actividades e publicacións, especialmente na obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Ademais de múltiplas conferencias, participou en simposios sobre a figura de Eduardo Pondal e Pascual Veiga, ao tempo que colaborou en exposicións e máis en documentais sobre o Himno.[4]

O 20 de decembro de 2018, na conmemoración do 110º aniversario da estrea do Himno celebrada na Real Academia Galega, nun acto organizado conxuntamente co Instituto José Cornide, Fernando López-Acuña profundou no proceso da creación artística do Himno, composto en 1890, e falou sobre outras posíbeis representacións.[6]

Algunhas publicacións editar

Artigos en revistas editar

  • 2013. "Música basada en la obra de Ramón María del Valle-Inclán y Montenegro (con Roger Tinnell). Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 27, páxs. 171-201.
  • 2012. "Patto di sangue. Libreto de Sandro Capelletto. Música de Matteo D'Amico: a obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Papeletas para un catálogo de compositores VI". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 24, páxs. 189-203.
  • 2012. "La rosa de papel" de Valle-Inclán e o "Orfeón Los Amigos": unha sociedade coral pontevedresa de finais do século XIX". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán" nº 23, páxs. 31-43.
  • 2011. "Acario Cotapos en España. As súas "Voces de gesta": obra musical inspirada na "Tragedia pastoril" homónima de Valle-Inclán". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 22, páxs. 29-66.
  • 2011. "A obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Papeletas para un catálogo de compositores. V". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 22, páxs. 123-131.
  • 2010. "A obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. V". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 21, páxs. 33-49.
  • 2008. "A obra de Valle - Inclán como fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. III". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 17, páxs. 17-41.
  • 2007. "A obra de Valle-Inclán, fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. II". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 14, páxs. 60-111.
  • 2006. "A obra de Don Ramón del Valle-Inclán fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. I". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 12, páxs. 45-49.[7]

Colaboracións en obras colectivas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar