Fernando Domínguez Reboiras
Fernando Domínguez Reboiras, nado en Santiago de Compostela en 1943, é un teólogo, historiador e filólogo galego aínda que radicado en Alemaña dende 1963.[1]
Fernando Domínguez Reboiras | |
---|---|
Nacemento | 1943 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | llullist, teólogo e profesor universitario |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
É membro do Raimundus Lullus Institut da Universidade de Freiburg (dende 1996 é doutor en Teoloxía pola tal universidade), e, dende o ano 1987, magister da Maioricensis Schola Lullistica de Mallorca.[2]
É un dos máximos coñecedores da figura de Ramon Llull[3]. Durante corenta anos dedicouse á elaboración e edición crítica das obras latinas de Llull, a quen Domínguez Reboiras cualifica como "o Cervantes do catalán"[4].
Obra editar
- Gaspar de Grajal (1530-1575). Frühneuzeitliche Bibelwissenschaft im Streit mit Universität und Inquisition (Münster : Aschendorff, Dr., 1998)[5]
- Ramon Llull. El mejor libro del mundo (Arpa editores, 2016)
Notas editar
- ↑ «Fernando Domínguez Reboiras». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana (en catalán).
- ↑ Paloma, David «Any Llull. Preàmbul». Cultura (El Punt Avui), 5 de decembro de 2014, p. 4. (en catalán)
- ↑ Ramon Llull. El mejor libro del mundo Arquivado 13 de novembro de 2017 en Wayback Machine., artigo en Aceprensa por Féliz Bruguera o 31 de maio de 2016 (en castelán).
- ↑ Domínguez Reboiras: “Ramon Llull fue el Cervantes del catalán” Arquivado 13 de novembro de 2017 en Wayback Machine., artigo en Ibereconomía o 10 de xullo de 2016 (en castelán).
- ↑ Ficha da obra en Dialnet (en castelán).
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha do autor na páxina web de Arpa editores (en castelán).
- Ficha do autor en cccb.org (en castelán).